A DXX acaba de remitir un e-mail para poñer en coñecemento que vai proceder a facer unha corrección nas listaxes de admitidos e excluidos da nova bolsa de persoal interino atendendo ao seguinte:
“Na confección das listaxes resultantes correspondentes ás novas bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza publicadas o pasado 29 de xullo, a baremación do apartado correspondente á formación continua de determinadas solicitudes realizouse aproximando a dous decimais, cando o criterio xeral empregado foi o de aproximar a un decimal.
Por esta razón cómpre publicar de novo as listaxes resultantes das persoas admitidas e excluídas aplicando para todos os casos o criterio xeral.
As novas listaxes publicaranse mañá venres 19 de agosto na intranet, na páxina web da Consellería e na OPAX.”