CONVOCATORIA PROBAS CELGA 1, 2, 3 e 4

No día de hoxe publícase no DOG, RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

Preme e accede á convocatoria no DOG: CONVOCATORIA PROBAS CELGA 1, 2, 3 e 4

PERSOAS DESTINATARIAS: As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

MATRÍCULA: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de QUINCE DÍAS , que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

▪️ Amplía información e accede ó doga: ⤵️⤵️

Preme e accede á convocatoria no DOG: CONVOCATORIA PROBAS CELGA 1, 2, 3 e 4

Los comentarios están cerrados.