O Ministerio de Xustiza deunos traslado das bases definitivas dos procesos selectivos da OPE 2016 e das bases de xestión e tramitación promoción interna; todo iso publicarase no BOE no mes de Xullo e as de quenda libre no mes de setembro.
Novidade importante deste ano é que se vai a ter en conta o tempo traballado no corpo inmediatamente inferior ao que se promociona, o tempo como titular, interino ou substituto
A sentenza do TJUE do 8 de setembro de 2011, deixa claro que os interinos que aproben a oposición computaríaselle para o efecto do cumprimento dos dous anos para acceder á promoción interna.
Elimínase o terceiro exercicio de promoción interna do corpo de Xestión.
Primeiro exercicio.- Un exame tipo test de 50 preguntas con catro respostas alternativas. Valoraranse con 2 puntos as respostas acertadas, os erros descontarán 0,5 e as preguntas non contestadas non serán puntuadas.
Segundo exercicio.- Proba teórico-práctica na que haberá que contestar 10 preguntas referidas a un caso práctico e que se puntuará de 0 a 50 puntos, a razón de 5 puntos por pregunta (desenvolvemento, non tipo test).
Desaparece o exercicio, no que había que desenvolver un tema de entre os tres propostos polo tribunal.
Do programa anterior quitan o tema «Dereitos Humanos e de Dereito de igualdade».
Tramitación, quitan unha proba do primeiro exercicio
Primeiro Exercicio.– De carácter teórico-práctico, consistirá en contestar un cuestionario-test sobre as materias do Programa. As preguntas acertadas valoraranse con 2 puntos; as preguntas non acertadas descontarán 0,50 puntos; as preguntas non contestadas non serán puntuadas.
Segundo Exercicio.- Consistirá en reproducir en ordenador/procesador de textos un texto en Microsoft Word cos requirimentos de presentación que o Tribunal determine.
ACCEDE A BORRADORES DEFINITIVOS
TEXTO DEFINITIVO GESTION PROMOCIÓN
TEXTO DEFINITIVO TRAMITACIÓN PROMOCIÓN
DATAS APROXIMADAS NO CADRO SEGUINTE PREME NA IMAXE


















