
A Dirección Xeral de Xustiza ven de convocarnos a unha mesa de sectorial de xustiza para o próximo 2 de decembro co seguinte orde do día:
- Convocatoria extraordinaria dos graos I, II e III da traxectoria profesional. Decisorio.
- Normativa. (COMISIÓNS DE SERVIZO, SUBSTITUCIÓNS, Complemento VSM e Horario especial Rexistro Civil) Decisorio.
- Rogos e preguntas
🔴 Con esta convocatoria achégase a seguinte documentación: 👇
☑️ Proposta de Acordo para a convocatoria extraordinaria da traxectoria profesional. Os cambios respecto do borrador anterior van marcados en vermello.
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:5cdf87a7-6932-46f7-a297-fe85d57cef38
📣 DESTACAR COMO NOVIDADE QUE, tal como solicitou SPJ-USO na pasada mesa sectorial, O GALEGO TAMÉN COMPUTARÁ FINALMENTE PARA O GRADO 3: «Para estes efectos tamén serán considerados os cursos de iniciación e perfeccionamento (Celga 4), medio ou superior de linguaxe administrativa e xurídica galega ou o ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas, homologados polo órgano competente en materia de política lingüística. Os cursos impartidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística considéranse como impartidos por unha consellería da Xunta de Galicia.»
Por último informar que o próximo luns 1 de decembro o Consello da Xunta ten previsto informar o Acordo acadado respecto do incremento do CAT/CE.


















