CONVOCADO CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA 2020

Publicado no DOGA de hoxe venres 17 de Xullo Resolución do 1 de xullo de 2020 pola que se convoca o Curso superior de Administración electrónica 2020.

O curso convocado, non é do itinerario formativo específico de Xustiza, mais establece expresamente que «No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.»

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día de mañá sábado 18 de xullo, ata as 23.55 horas do día 31 de xullo de 2020.

Amplía información e Accede ó doga premendo no seguinte enlace:

Curso Superior de Administración Electrónica 2020

Los comentarios están cerrados.