CONCURSO ESPECÍFICO PARA A PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO SINGULARIZADOS NAS OFICINAS FISCAIS DE GALICIA

aefd5-concursotraslado2013No DOG do día de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2015 pola que se convoca concurso específico para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia.

A ter en conta:

1. As persoas que concursen deberán presentar unha única solicitude, utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV desta resolución.

2. Poderán solicitar máis dun posto de traballo, sempre que reúnan os requisitos exixidos para o seu desempeño. Neste caso, na solicitude deberán indicar, por orde de preferencia, a denominación dos postos a que optan.

3. O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. (O prazo remata o 7 de Agosto).

Para acceder o DOG, premer aquí.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.