CONCURSO ESPECÍFICO NA FISCALIA DE ÁREA DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía de Área de Vigo.

Requisitos e condicións de participación

Non poderá participar neste concurso o persoal funcionario que se atope na situación de excedencia voluntaria por interese particular, durante o período mínimo obrigatorio de permanencia na dita situación; ou o suspenso en firme, mentres dure a suspensión; nin o que se encontre sancionado con traslado forzoso para destino na mesma localidade en que se lle impuxo a sanción, ata que transcorran un ou tres anos, segundo se trate de falta grave ou moi grave, respectivamente.

3. Con respecto ao tempo mínimo para participar neste concurso específico, de conformidade co previsto no artigo 49.7 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, non rexerá a limitación establecida no artigo 46.1 do dito regulamento.

Presentación de solicitudes e documentación

1. As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV desta resolución.

 O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. En caso de que a publicación desta convocatoria non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co que dispón o artigo 49.5 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.

3. As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

4. Xunto coa solicitude deberá fornecerse a documentación que acredite os requisitos exixidos e os méritos alegados, que se deberán relacionar no modelo de solicitude (anexo IV) da presente convocatoria.

Posto de traballo ofertado

O posto que se oferta figura no anexo II desta resolución

Resolución do concurso

1. O presente concurso deberá ser resolto no prazo máximo de seis meses contados desde o día seguinte ao de finalización da presentación de solicitudes, de conformidade co previsto no artigo 51.3 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza; e a resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e mais no Boletín Oficial del Estado, motivarase de acordo co previsto no artigo 51.4 do citado regulamento.

CXP: Complemento xeral do posto 2024.

CE: Complemento específico 2024.

Funcións principais do posto de coordinador/a.

Colaboración co/coa fiscal xefe, así como tamén a planificación, organización, xestión e control das tarefas e do persoal das distintas áreas funcionais da oficina fiscal, supervisando o cumprimento das directrices e criterios establecidos polo/a fiscal xefe; todas elas sen prexuízo das que lle corresponden por razón do seu corpo de pertenza.

ACCEDE AS RESOLUCIÓNS DO DOG E DO BOE:

RESOLUCION DOG

RESOLUCIÓN BOE

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.