Concovatoria dun novo curso de linguaxe xurídica galega para persoal de fóra da Comunidade

Pola EGAP remitíusenos a seguinte mensaxe en relación coa convocatoria dun novo curso medio de linguaxe xurídica galega, tres edicións, para o persoal destinado fóra da Comunidade.

«Bos días,

Xunto remito Resolución de convocatoria de tres cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal destinado fóra da Comunidade, de data 5 de setembro de 2011.

Os destinatarios son Maxistrados, Xuíces, Fiscais, Secretarios Xudiciais, Médicos Forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial que na data deste anuncio estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de matrícula será do día 6 de setembro ata o 19 de setembro de 2011.

Un cordial saúdo

Servizo de Xestión das Actividades de Formación da EGAP»

A inscrición haberá que realizala na seguinte dirección https://egap.xunta.es/matrícula

Para visualizar a convocatoria pulsar sobre o seguinte enlace cursoslenguajejurídicogallegoseptiembre

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.