INTERINOS PONTEVEDRA:
-
3 DO CORPO DE TRAMITACIÓN: FISCALÍA DE PONTEVEDRA.
-
3 DO CORPO DE TRAMITACIÓN: FISCALÍA DE VIGO.
-
1 DO CORPO DE TRAMITACIÓN: XDO. MIXTO 2 DE REDONDELA.
-
1 DO CORPO DE TRAMITACIÓN: XDO. CONTENCIOSO-ADVO. 2 DE PONTEVEDRA.
-
1 DO CORPO DE AUXILIO: XDO. MIXTO Nº 1 DE TUI.
– CHAMAMENTOS DE INTERINOS – PONTEVEDRA – 31 de xaneiro.
As prazas ofertadas son:
1⃣ XDO. CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO N. 2 DE PONTEVEDRA- Tamitación procesual e administrativa- IT do/a titular
2⃣ XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N. 1 DE TUI -Auxilio Xudicial- IT do/a titular
Este mércores 29 de xaneiro de 2020 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas ofertadas do corpo de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial por non existir ningunha persoa nas bolsas de traballo nin nas bolsas de reserva deses corpos.
Segundo recolle o punto 5 do artigo 6 da orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, “ No caso de se esgotar tamén a bolsa de reserva, e mentres non se formen novas bolsas, ofreceráselles a posibilidade de aceptar voluntariamente o nomeamento aos integrantes da bolsa do corpo inmediatamente superior, e subsidiariamente aos do corpo inmediatamente inferior que posúan os requisitos exixidos para o posto concreto”.
Ofrecida a praza de Tramitación procesual e administrativa a única persoa disponible na bolsa de XESTION, ESTA NON ACEPTA .
Ao non existir ningunha persoa mais dispoñible nas bolsas do corpo inmediatamente superior ou inferior , nin ningunha persoa baremada fora da bolsa, acudirase para cubrir o posto ao servizo público de emprego da Comunidade Autónoma para cubrir as prazas ofertadas:
XDO. CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO N. 2 DE PONTEVEDRA- Tamitación procesual e administrativa- IT do/a titular
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N. 1 DE TUI -Auxilio Xudicial- IT do/a titular
– NOMEAMENTOS DE INTERINOS – PONTEVEDRA – SEMANA DO 27 Ó 31 DE XANEIRO.
Nomeados INTERINOS DE REFORZO conforme vos adiantamos a semana pasada dende SPJ-USO, 3 do corpo de Tramitación na Fiscalía de Pontevedra; 3 do corpo de Tramitación na Fiscalía de Vigo e 1 do corpo de Tramitación no Xulgado Mixto nº 2 de Redondela.
A cobertura das prazas quedou como segue:
1. Carmen Prieto Cervera Mercadillo: Reforzo na Fiscalía de Pontevedra. Toma posesión: 28/01/2020.
2. Emilia Lores Silva: Reforzo na Fiscalía de Pontevedra. Toma posesión: 30/01/2020
3. Concepción Mojón Otero: Reforzo na Fiscalía de Vigo. Toma posesión: 30/01/2020
4. Montserrat Álvarez Prieto: Reforzo na Fiscalía de Vigo. Toma posesión: 29/01/2020. É auxilio e aceptou posto de tramitación.
As outras prazas autorizadas e non cubertas, cubríronse no día de onte 30 de xaneiro a través do SEPE (Servizo Público de Emprego de Galicia), e serán efectivas nos vindeiros días.
Na folla de ruta de SPJ-USO, tras conseguir os mais ca necesarios reforzos, está a consolidación dos mesmos e creación das correspondentes prazas, evidéntemente.



















