PUBLICACIÓN NA INTRANET: Rede de videoconferencia Administración de Xustiza en Galicia.

AAnte esta información, SPJ-USO, insiste na imprescindible FORMACIÓN PRESENCIAL sobre a utilización de equipos de videoconferencia. Así o denunciábamos e solicitábamos para todos @s auxili@s xudiciais mediante Escrito dirixido  á DXX, o pasado día 27/01/2020.

SPJ-USO defende que a formación debe ser PRESENCIAL e chegar e ser a mesma para tod@s os traballadores, independentemente de onde se teña o posto de traballo  porque só así se evita toda discriminación.

A INFORMACIÓN COLGADA NA INTRANET É A SEGUINTE:

Videoconferencia

A rede de videoconferencia da Administración de Xustiza en Galicia está integrada por 124 equipos de videoconferencia distribuidos pola totalidade dos partidos xudiciais, e accesibles polos órganos xudiciais, fiscalías e Imelga. Ademáis, os usuarios poden solicitar a instalación dun programa de videoconferencia no seu ordenador persoal que lles permita recibir e realizar chamadas. Dispón de información estatística do uso desta rede na ligazón.

Na táboa de cada un dos partidos xudiciais inclúese o número de sala MCU necesario tanto para realizar chamadas como para recibilas. É importante proporcionar estes datos de conexión para que poidan chamarnos e establecer as videoconferencias, tanto desde equipos na rede corporativa como desde o exterior.

REALIZAR UNHA VIDEOCONFERENCIA

Cara a equipos de videoconferencia na rede corporativa:

  • Marcar nº de sala MCU do equipo co que desexamos establecer a videoconferencia.

Cara a equipos de videoconferencia fóra da rede corporativa:

  • Utilizar os datos de conexión que nos facilitaran.
    • nº extensión@IP. Exemplo: 4605@85.91.72.6
    • IP##nº extensión. Exemplo: 85.91.72.6##4605
    • Código calidade chamada+nº RDSI. Exemplo: 34915563242

RECIBIR UNHA VIDEOCONFERENCIA

Debes esperar na sala MCU do equipo de videoconferencia que esteas a utilizar, marcando directamente o seu nº de sala MCU.

Por exemplo, se a túa sala MCU é a 200016, os datos para comunicar serán:

  • Para alguén que chama dende a rede corporativa: 200016
  • Para alguén que chama dende fóra da rede corporativa:
    200016@85.91.72.6, 85.91.72.6##200016 e 200016@videoconferencia.xunta.gal

Para chamarnos utilizarán o que corresponda segundo o fabricante do equipo desde o que chamen.

 

Nesta guía podes dispoñer de máis detalles para realizar e recibir chamadas de videoconferencia.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: