ℹ️➡️ Chegado o día 21 de maio de 2025 inda non temos noticias do programa de vacacións deste ano. No ano 2024, a estas alturas xa estaba publicado cun período de finalización de solicitudes para as vacacións de verán o 31 de maio. Temos multitude de compañeiros que por razón de conciliación necesitan de forma urxente facer as súas petición de vacacións de verán.
🔴 Desde este sindicato entendemos que a Dirección Xeral de Xustiza non pode escudarse para non publicar o plan de vacacións no procedemento para o desenvolvemento da reordenación de efectivos incluídos na fase I da NUMO.
👉 En primeiro lugar, a fase I unicamente afecta os xulgados de Paz e os xulgados mixtos das vilas, quedando as cidades o marxe deste procedemento de reordenación. No caso dos xulgados das vilas, entendemos que o proceso de reordenación de efectivos nunca pode ser a costa dos dereitos dos traballadores e traballadoras desas localidades. Moitos destes traballadores necesitan coñecer con antelación o seu período de vacacións para poder conciliar a súa situación familiar como laboral.
⚫ SPJ-USO entende que non é razoable nin xustificable a demora na concesión das vacacións dos compañeir@os por mor da implantación da nova oficina xudicial en contra dos dereitos dos traballadores e mais en tendo en conta que temos constancia de que noutras CCAA estanse a tramitar as vacacións regularmente e sen problema ningún.
📣📣📣 E polo tanto ESIXIMOS que se publique de forma inmediata o PLAN ANUAL DE VACACIÓNS 2025.





















