Archivo diario: 19/05/2026

SPJ-USO ESIXE COA ANTELACIÓN SUFICIENTE PARA EVITAR “ESCUSAS” QUE SE CUMPLA COA NORMATIVA DE PREVENCIÓN DE RISCOS NOS XULGADOS VELLOS DA PARDA E DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, E PARA ELO SOLICITA, entre outas medidas, A INSTALACIÓN INMEDIATA DE APARATOS DE AIRE ACONDICIONADO.

SPJ-USO ven de presentar escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza, con remisión ó Servizo de  Prevención de Riscos Laborais.

Este sindicato, a través dos cauces correspondentes, leva varios anos solicitando a modernización e o cumprimento da normativa de prevención de riscos laboráis en canto ás condicións térmicas se refire, e entre outros, respecto do Edificio Vello de A Parda (Pontevedra) así como da Audiencia Provincial de Pontevedra, dado que os mesmos non contan con instalación de aire acondicionado, e os funcionarios destinados nos mesmos están a sufrir ano tras ano ondas de calor que fan difícil facer a súa labor diaria, debido ós mais de 30 grados de temperatura que se alcanzan a miúdo nos meses de verán, sendo no mellor dos casos a solución aportada pola administración a remisión de “algún ventilador”, que evidentemente é totalmente insuficiente.

Ata o de agora, a administración sempre deu a pasividade como resposta, a pesar das denuncias presentadas por este sindicato, motivo polo que, este ano con antelación suficiente, esiximos se tomen as medidas correctoras procedentes, e advertimos que en caso contrario tomaremos as medidas de forza procedentes ante as autoridades competentes, pois estase a a xogar coa saúde e o benestar dos traballadores.

Como é sabido, as condicións térmicas existentes nas dependencias dos ditos edificios  resultan insuficientes para garantir unhas condicións adecuadas de seguridade e saúde laboral, especialmente durante os períodos de altas temperaturas, que como ben sabemos, cada ano son mais extremas e mais prolongados no tempo no caso de Galicia, por superar en moitos casos os 27°C.

A ausencia dun sistema adecuado de climatización e ventilación provoca temperaturas elevadas que afectan o benestar, a saúde e o rendemento do persoal traballador e das persoas usuarias do servizo público.

 

Que a normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais establece a obrigación de garantir condicións ambientais adecuadas nos lugares de traballo, entre outras:

A Inspección de Traballo e Seguridade Social e a normativa derivada da Ministerio de Traballo e Economía Social.

A Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.

O Real Decreto 486/1997 sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, que establece condicións ambientais adecuadas de temperatura e ventilación.

A Real Decreto-lei 4/2023, relativo a medidas de protección fronte a episodios de altas temperaturas e fenómenos meteorolóxicos adversos.

 

En base do anteriormente exposto, SOLICITAMOS A ADOPCIÓN INMEDIATA DE MEDIDAS:

  1. Que se avalíen de xeito urxente as condicións térmicas e ambientais do edificio e dos postos de traballo afectados.
  2. Que se adopten as medidas correctoras necesarias para garantir o cumprimento da normativa de prevención de riscos laboráis.
  1. Que se proceda á instalación dun sistema adecuado de aire acondicionado, climatización e/ou ventilación que permita manter temperaturas compatibles coa seguridade e saúde das persoas traballadoras e usuarias, adoptándose entre outras as medidas seguintes:

Dispor dun sistema axeitado de regulación da temperatura (aire acondicionado, calefacción, etc), en todo o edificio, de xeito que se asegure que se manteña ésta nos niveis establecidos no RD 486/97 de lugares de traballo (entre 17 °C y 27 °C) durante todo o ano.

Illar de manera axeitada e definitiva todas as fiestras para evitar que entren correntes de aire polas mesmas e arranxar as fiestras que non pechan ben.

Revisar o estado das fiestras en xeral.

Dispor de estores, ou similar, axeitados en todo o edificio que o aillen tanto do calor coma da luz.

 – Estudiar a posibilidade de illar axeitadamente a porta de entrada do centro (A Parda), na planta principal, de xeito que non se xeneren corrientes de aire que afectan a varios postos (información e control, etc)

– Conectar a calefacción polas tardes en épocas de frío no caso de haber persoal traballando.

SOLICITAMOS igualmente que se nos informe por escrito das actuacións previstas e do calendario de execución correspondente.

Non esquezamos que é a administración a responsable de que nos  centros de traballo se adoiten as medidas axeitadas nos supostos en que se excedan os 27° graos de temperatura, mentres non se garantice que a temperatura cumple co establecido no RD 486/97 de lugares de traballo (entre 17°C у 27 °C) durante todo o ano.

Accede ó escrito íntegro presentado: Temperaturas a Parda e Audiencia – 2026_signed

Justificante-PR004A-20260518

Solicitud-PR004A-20260518