Buscar en este blog
CATEGORIAS
- ACCIÓN SOCIAL
- AFILIAD@S
- BOE
- C.G.P.J.
- CALENDARIOS LABORAL E GARDAS
- CARREIRA PROFESIONAL
- CELGA
- CLASES PASIVAS
- COMISIÓN SEGUIMIENTO ACORDO DA XUSTIZA GALEGA
- COMISIÓNS DE SERVIZOS
- CONCURSO DE MÉRITOS
- CONCURSO DE TRASLADOS
- Concurso Específico
- CURSOS DE GALEGO
- CURSOS FORMACIÓN
- DECLARACIÓN DA RENDA (IRPF)
- DENUNCIA
- DOG
- EGAP
- ELECCIÓNS SINDICAIS
- ESCALAFÓNS ACTUALIZADOS
- FOLGA NA XUSTIZA GALEGA
- FOLGA NACIONAL 2023
- FORENSES
- INFORMACIÓN XERAL
- INTERINOS
- LEI DE EFICIENCIA
- LETRADOS ADMÓN DE XUSTIZA
- LEXISLACIÓN
- LIBRE DESIGNACIÓN
- MESA SECTORIAL
- MODERNIZACIÓN XUSTICIA GALICIA
- MUXEXU
- N.O.F.
- NOVA OFICINA XUDICIAL
- NOVOS XULGADOS
- NUMO
- OPOSICIÓNS
- PERMISOS, VACACIONS E LICENZAS
- PLAN CONCILIA
- PRENSA
- RETRIBUCIÓNS
- REXISTRO CIVIL
- RPT's
- SAUDE LABORAL
- SERVICIO COMUN PROCESAL GENERAL
- SPJ INFORMA
- SUBSTITUCIÓNS
- TELETRABALLO GALICIA
- TRAMITACIÓN
- VIOLENCIA SOBRE A MULLER
- XORNADA E HORARIO
- XORNADA E HORARIO NA XUSTIZA GALEGA
- XULGADOS DE PAZ
PRENSA NACIONAL
SPJ-USO ON LINE
¡AFILIATE!
¡AFILIATE! Si simpatizas con nuestras ideas y con nuestra forma de hacer sindicalismo, no lo dudes, pulsa AQUI-
Últimas entradas
- Los presidentes de los tribunales de instancia denuncian la «desorganización» de la reforma judicial‼️
- NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES 08/05/2026
- Gestión Procesal y Administrativa, acceso libre, Orden PJC/1437/2024, RELACIÓN DE PERSONAS ASPIRANTES QUE SUPERARON EL PROCESO SELECTIVO
- A plataforma sindical: SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO -SOLICITA-REUNIÓN URXENTE DE MESA SECTORIAL DE NEGOCIACION
- NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS HOXE 🗓️ 7/05/2026
ESTADISTICAS
- 2.931.637 VISITAS
HISTORIAL
Subscribete a este Blog
Únete a otros 134 suscriptores
Archivo diario: 06/05/2026
CHAMAMENTOS INTERINOS 6/05/2026
Comentarios desactivados en CHAMAMENTOS INTERINOS 6/05/2026
Publicado en INTERINOS
AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN E ADAPTACIÓN DA ORDE DO HORARIO ÁS 35 HORAS SEMANAIS
UN ANO MAIS, SPJ-USO SEGUE LOITANDO POLA CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR.
AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN DENDE O 1 DE XUÑO Ó 30 DE SETEMBRO (unha vella reivindicación de SPJ-USO)
E ADAPTACIÓN DA ORDE DO HORARIO DE 2024 Á NORMATIVA ESTATAL 2026 QUE ESTABLECE AS 35 HORAS SEMANAIS.
Accede ó ESCRITO ÍNTEGRO MODIFICACIÓN ORDE HORARIO E AMPLIACIÓN HORARIO VERÁN_signed
Accede á CIRCULAR INFORMATIVA Ampliación xornada verán e 35 horas semanais inverno
Logo de acadar que a Dirección Xeral de Xustiza modificase xa no 2018 durante a vixencia do horario de verán, tanto o horario de entrada como o réxime das prolongacións de xornada e posterior modificación na Orde do horario de 2024, seguimos a loitar por mellorar as condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.
SPJ-USO leva anos esixindo a ampliación do horario de verán dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro conforme á normativa estatal, de aplicación supletoria conforme ó disposto na LOPX.
SPJ-USO ven de presentar novo escrito solicitando que se amplíe a xornada intensiva de verán para o persoal ó servizo da Administración de xustiza, nos termos establecidos na Resolución de 12/6/2017 ditada pola Secretaría de Estado de Función Pública, que modifica a de 28-12-2012 e Resolución de 14 de abril de 2026 publicada no BOE o pasado mércores 15 de abril DE 2026 que acorda a xornada de 35 horas semanais, establecendo que:
“Por motivos de conciliación de la vida familiar y laboral, los empleados y empleadas públicos con descendientes o personas sujetas a su tutela o acogimiento de hasta 12 años de edad, siempre que convivan con el solicitante y dependan de este, estando a su cargo, podrán acogerse a esta modalidad de jornada intensiva desde el 1 de junio y hasta el 30 de septiembre. Este derecho podrá ejercerse también en el año en que el menor cumpla la edad de 12 años.
Igualmente, podrán acogerse a esta modalidad de jornada intensiva, desde el 1 de junio hasta el 30 de septiembre, los empleados y empleadas públicos que tengan a su cargo personas que tengan reconocida una discapacidad igual o superior al 33 %, siempre que convivan con el solicitante y dependan de este.”
Entendemos que dita normativa e de aplicación supletoria para o noso colectivo (Artigo 500.2 LOPX: 500.2 establece: “2. La duración de la jornada general semanal será igual a la establecida para la Administración General del Estado”, e por iso, seguiremos traballando para acadar a ampliación da xornada intensiva, en defensa da conciliación da vida familiar e laboral.
A maiores do anterior, e a pesar de que por acordo da Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia na Xustiza galega “contrólanse” 35 horas semanais na xornada de Inverno, a normativa actual, de 2024, establece que na xornada de inverno o noso horario é de 37.5 horas semanais, polo que solicitamos a adaptación normativa da RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2024, que establece no seu punto 4.1 “Con carácter xeral, nas oficinas e servizos da Administración de xustiza en Galicia, a xornada de traballo prestarase en xornada continua, cunha duración mínima de trinta e sete horas e media semanais de traballo efectivo de media en cómputo mensual, o que equivale a mil seiscentas corenta e dúas horas anuais” e a súa adaptación á Resolución de 14 de abril de 2026 que establece “La duración de la jornada general será de 35 horas semanales de trabajo efectivo de promedio en cómputo anual, equivalente a mil quinientas treinta y tres (1533) horas anuales”.
Comentarios desactivados en AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN E ADAPTACIÓN DA ORDE DO HORARIO ÁS 35 HORAS SEMANAIS
Publicado en XORNADA E HORARIO NA XUSTIZA GALEGA
📢🔊 TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE – NOVA CORRECCIÓN e PUBLICACIÓN DE NOTAS DOS EXAMES POR ANULACIÓN DUNHA PREGUNTA – Convocatoria Orde PJC/1437/2024‼️

ℹ️➡️ Infórmasenos que, trala resolución estimatoria de recurso de alzada dun opositor de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre, do proceso selectivo convocado pola Orde PJC/1437/2024, de 3 de decembro, vanse a publicar de novo as notas con esta variación.
📣📣 Trátase da pregunta 126A e 117B do 3° exame, que se anularán e colleranse da reserva, publicándose novas notas con ese cambio, do que vos manteremos puntualmente informados.
Comentarios desactivados en 📢🔊 TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE – NOVA CORRECCIÓN e PUBLICACIÓN DE NOTAS DOS EXAMES POR ANULACIÓN DUNHA PREGUNTA – Convocatoria Orde PJC/1437/2024‼️
Publicado en OPOSICIÓNS, SPJ INFORMA




















