Archivo diario: 18/05/2026

PUBLICADO LISTADO ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS COMISIONS DE SERVIZO –18/05/2026

COMISIÓN DE SERVIZOPublicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia e Xustiza e (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 🗓️07/05/2026.

Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3⃣ días hábiles.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️

🔗  https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:8d7c971a-a264-4754-853d-fc3f4979fca0

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS 18/05/2026

SUBSTITUCIÓNS

PUBLICADA A RESOLUCIÓN COAS ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS  18/05/2026‼

 

Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Conselleríahttps://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o pasado 08/05/2026

Accede no seguinte arquivo as adxudicacións:

https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:9efa269f-e79d-48da-8269-beb24466b463

PUBLICADA NO DOGA DE HOXE LUNS 18/5 A CONVOCATORIA DE ACCIÓN SOCIAL 2026 ➖ programa de discapacidade

📢🔊 PUBLICADA NO DOGA DE HOXE LUNS 18/5 A CONVOCATORIA DE ACCIÓN SOCIAL 2026 ➖ programa de discapacidade!!!
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2026 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260518/AnuncioG0759-060526-0002_gl.html

⚠️⚠️ PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 15 DIAS HÁBILES – ATA O 🗓️ 8 DE XUÑO.

📣📣 Solicitude e formas de presentación: Obrigatoriamente a solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es.

🔴 TERÁN A CONDICIÓN DE BENEFICIARIOS:
Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33% que reúnan os requisitos establecidos e os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos apartados anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33%.

⛔⛔ Dende SPJ-USO, mostramos o noso rexeitamento a esta «acción social recortada» e instamos de novo á DXX que se recollan e inclúan as alegacións feitas por este sindicato:
⚫ A reposición dos programas existentes antes do ano 2011, é dicir:
☑️ AXUDA POR FILLOS
☑️ AXUDA DE ESTUDOS DE FUNCIONARIOS E FILLOS
☑️ A INCLUSIÓN DE ENFERMEDADES CRÓNICAS COMO PODEN SER O KRON.
☑️ E POR SUPOSTO, MANTENDO O ÚNICO PROGRAMA QUE HAI NA ACTUALIDADE, O DE DISCAPACIDADE.
E todo isto chegando o 1% da masa salarial, e non aportando a ridícula cantidade pouco mais de 20.000 euros, nun colectivo de máis de 2.500 funcionarios, cando no ano 2011 sobrepasou os 200.000 euros.

▪️ Amplía información: ⤵️
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260518/AnuncioG0759-060526-0002_gl.html

📣 SPJ-USO SEGUIRA LOITANDO POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!

AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN E ADAPTACIÓN DA ORDE DO HORARIO ÁS 35 HORAS SEMANAIS

conciliaciónUN ANO MAIS, SPJ-USO SEGUE LOITANDO POLA CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR.

AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN DENDE O 1 DE XUÑO Ó 30 DE SETEMBRO (unha vella reivindicación de SPJ-USO)

E ADAPTACIÓN DA ORDE DO HORARIO DE 2024 Á NORMATIVA ESTATAL 2026 QUE ESTABLECE AS 35 HORAS SEMANAIS.

Accede ó ESCRITO ÍNTEGRO MODIFICACIÓN ORDE HORARIO E AMPLIACIÓN HORARIO VERÁN_signed

Accede á CIRCULAR INFORMATIVA Ampliación xornada verán e 35 horas semanais inverno

Logo de acadar que a Dirección Xeral de Xustiza modificase xa no 2018 durante a vixencia do horario de verán, tanto o horario de entrada como o réxime das prolongacións de xornada e posterior modificación na Orde do horario de 2024, seguimos a loitar por mellorar as condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

SPJ-USO leva anos esixindo a ampliación do horario de verán dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro conforme á normativa estatal, de aplicación supletoria conforme ó disposto na LOPX.

SPJ-USO ven de presentar novo escrito solicitando que se amplíe a xornada intensiva de verán para o persoal ó servizo da Administración de xustiza, nos termos establecidos na Resolución de 12/6/2017 ditada pola Secretaría de Estado de Función Pública, que modifica a de 28-12-2012 e Resolución de 14 de abril de 2026 publicada no BOE o pasado mércores 15 de abril DE 2026 que acorda a xornada de 35 horas semanais, establecendo que:

Por motivos de conciliación de la vida familiar y laboral, los empleados y empleadas públicos con descendientes o personas sujetas a su tutela o acogimiento de hasta 12 años de edad, siempre que convivan con el solicitante y dependan de este, estando a su cargo, podrán acogerse a esta modalidad de jornada intensiva desde el 1 de junio y hasta el 30 de septiembre. Este derecho podrá ejercerse también en el año en que el menor cumpla la edad de 12 años.

Igualmente, podrán acogerse a esta modalidad de jornada intensiva, desde el 1 de junio hasta el 30 de septiembre, los empleados y empleadas públicos que tengan a su cargo personas que tengan reconocida una discapacidad igual o superior al 33 %, siempre que convivan con el solicitante y dependan de este.”

Entendemos que dita normativa e de aplicación supletoria para o noso colectivo (Artigo 500.2 LOPX: 500.2 establece: “2. La duración de la jornada general semanal será igual a la establecida para la Administración General del Estado”, e por iso, seguiremos traballando para acadar a ampliación da xornada intensiva, en defensa da conciliación da vida familiar e laboral.

A maiores do anterior, e a pesar de que por acordo da Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia na Xustiza galega “contrólanse” 35 horas semanais na xornada de Inverno, a normativa actual, de 2024, establece que na xornada de inverno o noso horario é de 37.5 horas semanais, polo que solicitamos a adaptación normativa da RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2024, que establece no seu punto 4.1 “Con carácter xeral, nas oficinas e servizos da Administración de xustiza en Galicia, a xornada de traballo prestarase en xornada continua, cunha duración mínima de trinta e sete horas e media semanais de traballo efectivo de media en cómputo mensual, o que equivale a mil seiscentas corenta e dúas horas anuais” e a súa adaptación á Resolución de 14 de abril de 2026 que establece “La duración de la jornada general será de 35 horas semanales de trabajo efectivo de promedio en cómputo anual, equivalente a mil quinientas treinta y tres (1533) horas anuales”.

Justificante-PR004A-20260429

Solicitud-PR004A-20260429