Archivo mensual: abril 2026

SPJ-USO REXEITA UNHA VEZ MAIS A CONVOCATORIA UNILATERAL DAS BOLSAS DE INTERINOS DE XUSTIZA EN GALICIA e ESIXE QUE O TEMPO TRABALLADO COMO LAX COMPUTE COMO MÉRITO BAREMABLE NAS ACTUAIS BOLSAS‼️

ℹ️➡️ “DE AQUELLOS BARROS VIENEN ESTOS LODOS” 😡😡

📣📣 A costume actual da Dirección Xeral de Xustiza de IMPOÑER SEN NEGOCIAR, lévanos á situación actual seguinte: A DXX, supoñemos que por erro (cousa que se evitaría negociando coas OOSS) publicou 👉 UNILATERALMENTE E 👉 IMPUXO A ORDE E A CONVOCATORIA DA BOLSA DE INTERINOS, onde, a diferencia das últimas ordes (a de 2013 e a de 2018 modificada en 2021), NON SE COMPUTA O TEMPO TRABALLADO NO CORPO DE LAX como mérito baremable.

🔴 Nas anteriores ordes establecíase que se computaría o TEMPO TRABALLADO NO CORPO FUNCIONARIAL SUPERIOR OU INFERIOR; na orde 2026 fálase de CORPOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO, E CORPOS XERAIS DE XUSTIZA SUPERIORES E INFERIORES, polo que en corpos xerais non se inclúen os LAX nin os Xuices que foron interinos.

⚠️⚠️ Logo da correspondiente DENUNCIA/SOLICITUDE de SPJ-USO, a DXX comunícanos que non ten pensado rectificar a convocatoria no sentido antes exposto e asumir así o seu erro, que repetimos, ven provocado pola COSTUME DE IMPOÑER SEN NEGOCIAR.

⚫ Aclaramos que o que SI COMPUTA COMO MÉRITO SON OS EXAMES APROBADOS DE XUICES ou LAX.

BASTA XA‼️
⛔ SI A NEGOCIACIÓN‼️
⛔ NON Á IMPOSICIÓN‼️

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

ÚLTIMA HORA TRAXECTORIA PROFESIONAL: PUBLICACIÓN O 4 DE MAIO DA RESOLUCIÓN ESTIMANDO/DESESTIMANDO GRADO CARREIRA – ABONO NA NÓMINA DE MAIO

A DXX ven de informar a SPJ-USO, como sindicato IMPULSOR E FIRMANTE DA CARREIRA PROFESIONAL, que está previsto que o día 04.05.2026 se publique no DOG a Resolución do 23 de abril de 2026 pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I, do grao II e do grao III da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da OPAX Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galicia.

O complemento de traxectoria profesional farase efectivo na nómina do mes de maio, incluíndo o aboamento dos atrasos correspondentes.

Gestión Procesal y Administrativa, acceso libre, Orden PJC/1437/2024 – ASPIRANTES QUE SUPERAN EL TERCER EJERCICIO

📢🔊 OPOSICIONES – Gestión Procesal y Administrativa, acceso libre, Orden PJC/1437/2024 – ASPIRANTES QUE SUPERAN EL TERCER EJERCICIO‼️

ℹ️➡️ Publicado en la web del Ministerio de Justicia.

🗓️ 30 de abril de 2026 – ACUERDO DEL TRIBUNAL CALIFICADOR ÚNICO POR EL QUE SE PUBLICAN LOS ASPIRANTES QUE SUPERAN EL TERCER EJERCICIO.

▪️ Amplía información: ⤵️
🔗 https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Gesti%C3%B3n-PA-libre-PJC14372024

 

COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA 30/4/26 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA‼️

📢🔊 COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA ➖ 🗓️ 30/4/26 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA‼️

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 15/4/26.
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:79791ecc-8334-4178-8775-37791553cef6

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

🔴 Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

▪️ Accede ás adxudicacións definitivas: ⤵️

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:79791ecc-8334-4178-8775-37791553cef6

BOE: PUBLICADA RESOLUCIÓN DE CONCURSO DE TRASLADOS DEL CUERPO DE LETRADOS DE LA ADMÓN. DE JUSTICIA

BOE: En el día de hoy ha sido publicada la Orden PJC/406/2026, de 21 de abril, por la que se resuelve el concurso de traslados para el Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia, convocado por Orden PJC/118/2026, de 20 de febrero.

Sigue leyendo