
EGAP – CONVOCADOS CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA O PERSONAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE FÓRA DE GALICIA, ANO 2026
RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2026 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
Obxecto: Impulsar a normalización lingüística na Administración de xustiza.
Número de prazas: O número de prazas de cada curso será de 25.
Modalidade: Teleformación. Horas: 75
Datas de realización dos cursos: do 1.9.2026 ao 1.11.2026
Data do exame final: 7.11.2026.
Solicitudes: ata o 5 de xuño do 2026
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, e non serán admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet <https://egap.xunta.gal/matricula> unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil.
Cursos: Os cursos impartiranse segundo se indica a continuación:
Accede á Resolución publicada no DOG:



















