ÚLTIMAS INFORMACIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE CONCURSOS DE TRASLADOS

spjinforma

ÚLTIMAS INFORMACIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE CONCURSOS DE TRASLADOS:

☑️ CONCURSILLO DE TRASLADOS DOS POBOS
☑️ CONCURSO DE TRASLADOS XERAL 2026 E
☑️ CONCURSO DE TRASLADOS DE LAX

🔴 Concurso de traslados xeral 2026 😡😡 (Xestión, Tramitación e Auxilio): Continuamos coa xa famosa «paz Social» firmada por Staj, Csif, Uxt e o autonómico Ciga para a implantación dos T. de Instancia, que faculta ó Ministerio a facer o que lle dea a gana co beneplácito sindical.

Lembrade que o Ministerio de Xustiza, co beneplácito antes mencionado, SUPRIMIU DIRECTAMENTE UN CONCURSO DE TRASLADOS ANUAL (O DE 2025) para supostamente, en beneficio da tan necesaria Conciliación, convocar o Concurso 2026 no primeiro trimestre do ano. Pois ben, sen excusa algunha, xa non é que non se publique no primeiro trimestre, nin no primeiro semestre, o Ministerio manifesta que intentará publicalo 🗓️ antes do mes de agosto, sen garantía algunha ó respecto.

🔴 Concurso fase I-pobos: A pesar de que con motivo da non publicación de listaxes provisionais neste Concursillo, e tras detectarse algúns erros nas listaxes, concretamente en Andalucía, o Ministerio confirma que se publicarán novas listaxes na web do Ministerio, e que se ratifica na data de publicación no boe, 5 de maio e de ceses: 8 de maio Tramitación e 12 xestión e auxilio.

🔴 Concurso de Traslados de LAX: O Ministerio informou que a publicación no BOE da resolución definitiva será o vindeiro 🗓️ xoves 30 de abril.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.