Archivo diario: 29/05/2026

MÉDICOS FORENSES: RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se ofrecen ás persoas aspirantes aprobadas nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Médicos Forenses

MÉDICOS FORENSES: RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se ofrecen ás persoas aspirantes aprobadas nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Médicos Forenses

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se ofrecen ás persoas aspirantes aprobadas nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Médicos Forenses, quenda libre, polo sistema xeral de acceso libre, convocadas por Orde PJC/1446/2024, do 10 de decembro, as prazas correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Primeiro. – Abrir o prazo para solicitar praza (da relación incluída no anexo I) para aqueles aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso polo sistema selectivo deconcurso no Corpo de Médicos Forenses convocado por Orde PJC/1446/2024, do 10 de decembro.

Segundo. – As solicitudes de destino dos aspirantes presentaranse a través da sede electrónica no prazo de cinco días naturais contados a partir da notificación da presente Resolución ou ben enviando un correo electrónico á seguinte dirección (servizo.persoal.xustiza@xunta.gal) indicando no asunto “elección destino médicos forenses”.

Terceiro. – As solicitudes formalizaranse segundo modelo que aparece como Anexo II desta Resolución.

Accede á Resolución: RESOLUCIÓN OFERTA PLAZAS A MÉDICOS FORENSES

CONCURSO ESPECÍFICO PARA POSTO VACANTE de Responsable de estatística, rexistro e calidade NA FISCALÍA DA CORUÑA NA FISCALÍA DA CORUÑA

CONCURSO ESPECÍFICO DUN POSTO DE TRABALLO VACANTE NA FISCALÍA DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña

POSTO OFERTADO

Sigue leyendo