Archivos de la categoría COMISIÓN SEGUIMIENTO ACORDO DA XUSTIZA GALEGA

ÚLTIMA HORA – CLÁUSULA DE REVISIÓN DO CAT

➖➖➖➖➖➖➖➖➖
📢🔊 CLÁUSULA DE REVISIÓN DO CAT – Avance da mesa Sectorial 15/3/22‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖
ℹ️➡️ O TRABALLO DE SPJ-USO SEGUE A DAR FROITOS.

🔴👉 CLÁUSULA DE REVISIÓN DO CAT: A cláusula firmada por SPJ-USO, que nos garante estar sempre por encima da media nacional en canto a retribucións autonómicas, aplicarase neste 2022 por primeira vez e con efectos retroactivos a 1/1/2022 e repercutirá nas seguintes cantidades mensuais:

☑️Corpo de Xestión P.A. 22,90 euros/mes.
☑️Corpo de Médicos Forenses: 60,03 euros/mes.

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

RESPOSTA Á DESINFORMACIÓN DIFUNDIDA POR STAJ!!! BASTA XA DE DESINFORMAR!!!

RESPOSTA Á DESINFORMACIÓN DIFUNDIDA POR STAJ!!!

BASTA XA DE DESINFORMAR!!!

Como ben sabedes non é a nosa maneira de traballar o respostar a sindicatos que se adican continuamente a destruír no canto de a construír pero non podemos permitir que se engane ós traballadores dando “paus de cego”.

Prazas de nova Creación:  

Intentar anotarse un mérito de algo negociado nunha comisión de seguemento dun acordo que non firmaron, e polo tanto non están presentes nesa comisión de seguemento é inaudito. Staj non estivo nesas mesas porque non firmou un dos acordos mais importantes da Xustiza, no que entre outras cousas se acordou a Carreira Profesional. Polo tanto non pode negociar a creación de prazas que tamén recolle o dito acordo.

COMISIÓNS DE SERVIZOS:

Outro mérito de Staj, din…., cando SPJ-USO foi o sindicato que impulsou esta normativa,  remitindo propostas sobre a mesma á administración, e presionando para a súa publicación inmediata.

CLÁUSULA DE REVISIÓN DO CAT:

Din que estudiarán as cantidades, mais como é evidente é un tema que xa foi negociado na comisión de seguemento do acordo no que firmamos unha CLÁUSULA DE REVISIÓN que non permitirá que en ningún momento estemos por debaixo da media estatal. Nos xa o temos estudiado, e seguirémolo estudiando ano a ano cando proceda a súa aplicación.

CARREIRA PROFESIONAL:  

Manifestan moitas dúbidas sobre a Carreira Profesional; é normal, dende SPJ-USO podemos resolverllas dado que o negociamos na Comisión de Seguemento do acordo; acordo que por certo non firmaron porque as cantidades “mensuais” manifestaron que pensaron que eran cantidades “anuais” a repartir en 12 meses.

Por certo, como somos impulsores e firmantes da carreira profesional, témolo todo “moi claro”, incluso o que é mellorable, que tamén o hai.

O único certo que din é que non teñen “ataduras”.

Acceso á información remitida polo Staj:  https://stajgalicia.blogspot.com/2022/03/propostas-da-dxx-sobre-creacion-de.html?m=1

 

SPJ-USO: FEITOS, non palabras!!!

 

BORRADOR DE 51 PRAZAS DE NOVA CREACIÓN EN GALICIA PARA O ANO 2022 POR MOR DO ACORDO ASINADO POR SPJ-USO EN 2018

BORRADOR DE 51 PRAZAS DE NOVA CREACIÓN EN GALICIA PARA O ANO 2022 POR MOR DO ACORDO ASINADO POR SPJ-USO EN 2018.

Trala creación de 40 prazas en 2020, o acordo firmado por SPJ-USO segue dando froitos!!!

Accede á Proposta creación novas prazas 2022 en formado pdf

 

CREACIÓN DE 57 NOVAS PRAZAS EN GALICIA PARA 2022 CONFORME Ó ACORDO FIRMADO POR SPJ-USO.

CREACIÓN DE 57 NOVAS PRAZAS EN GALICIA PARA 2022 CONFORME Ó ACORDO FIRMADO POR SPJ-USO.

No desenvolvemento do acordo firmado por SPJ-USO acordouse a creación de 57 NOVAS PRAZAS dos corpos de funcionarios da administración de Xustiza para o 2022 no noso territorio.

Desas 57 novas prazas, parte delas serán consolidacións de reforzos existentes, entre elas 11 serán consolidacións de reforzos nas fiscalías para cumplir coa ratio de 1funcionario/1fiscal, debendo cumplirse esta premisa sen computar os funcionarios do corpo de Auxilio, como así temos esixido dende SPJ-USO e así se fará.

Outras 6 novas prazas serán para o Xulgado novo do Mercantil de A Coruña.

Das 40 prazas restantes, moitas delas xa están decididas conforme ós diferentes escritos/proposta presentados por SPJ-USO, dos que vos temos informado (Imelgas, Betanzos, Caldas, Lalín, Vilagarcía, Cambados, Ribeira, Viveiro, Rexistro e reparto das cidades, Servizos de apoios, Xulgados infradotados, etc) e algunhas delas están pendentes de concretar en vindeiras xuntanzas, das que vos manteremos puntualmente informados.

REVISIÓN DO CAT 2022 – CLÁUSULA DE REVISIÓN FIRMADA POR SPJ-USO

REVISIÓN DO CAT (COMPLEMENTO AUTONÓMICO E COMPLEMENTO ESPECÍFICO). SPJ-USO SEGUE A ESIXIR O ÍNTEGRO CUMPRIMENTO DO ACORDO FIRMADO, E A CLÁUSULA DE REVISIÓN PONSE EN FUNCIONAMENTO POR PRIMEIRA VEZ.

Lembramos que conforme quedou establecido no acordo firmado por SPJ-USO como sindicato maioritario na Xustiza galega, temos garantido que EN NINGÚN MOMENTO os funcionari@s da xustiza galega podemos estar por debaixo da media estatal en canto a retribucións, o que implica que de 13 territorios (12 transferidos mais o Ministerio de Xustiza) en Galicia temos garantido conforme ó firmado que en ningún caso podemos estar por debaixo do 6º posto, e por suposto sen prexuízo de cantas melloras no mesmo se poidesen conseguir.

Lembramos igualmente que deixamos firmado que no cómputo das retribucións autonómicas a estes efectos EN NINGÚN CASO SE TERÍA EN CONTA A CARREIRA PROFESIONAL (que noutro caso impediría que na práctica tivese valor algún a cláusula de revisión salarial dado que estaríamos sempre por encima da media).

Así, o acordo firmado establece literalmente respecto do CAT: “Estes complementos serán revisados anualmente no terceiro trimestre de cada ano, para os efectos de que a modificación se poida incluír na lei de orzamentos de cada ano, coa finalidade de garantir que os traballadores da Administración de xustiza de Galicia manteñan unha posición por riba da media dos ámbitos territoriais con competencia en materia de xustiza, no que aos complementos retributivos de determinación autonómica se refire.”

Pois ben, SPJ-USO leva traballando na actualización do CAT, xa non no terceiro trimestre de 2021 como di o acordo, se non con anterioridade, e así está presupuestada nos orzamentos da Xunta para 2022 a ACTUALIZACIÓN DO CAT.

Polo anterior, e tralas subidas retributivas do CAT noutros territorios, que sempre son benvidas e sempre favorecen ó CAT galego (lamentamos que a subida do territorio Ministerio, entre a incompetencia do Ministerio de Xustiza e a mala praxe dos sindicatos estatais, se quedase en “nada”), no noso territorio, A CLÁUSULA DE REVISIÓN SALARIAL AFECTARÍA  NO 2022 ÓS CORPOS DE XESTIÓN P.A. e MÉDICOS FORENSES, que actualmente están por debaixo da media estatal, e afectaríalle NUNHA CANTIDADE DUNS 15 EUROS/MES DE SUBIDA (pendiente de concretar), subida á que evidentemente hai que engadir ó 3º tramo do grado 1 da carreira profesional que supón 54 euros para XESTIÓN P.A. e 77 EUROS para MÉDICOS FORENSES.

No caso dos corpos de TRAMITACIÓN P.A. e AUXILIO XUDICIAL, non procede a aplicación da Cláusula de revisión ó estar actualmente por encima da media estatal.

                             SPJ-USO: FEITOS, non palabras!!!            

Seguimos traballando na mellora das condicións laborais de tódolos traballadores da xustiza galega!!! Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!!