Archivos de la categoría COMISIÓN SEGUIMIENTO ACORDO DA XUSTIZA GALEGA

CARREIRA PROFESIONAL – IMPORTANTE!!!

SABOTAXE Á CARREIRA PROFESIONAL DENDE AS “ORGANIZACIÓNS” STAJ, CUT, CIGA E CSIF, co apoio agora de UXT!!!

AS SENTENCIAS E IMPUGNACIÓNS XUDICIAIS MALICIOSAS DO ACORDO DE TRAXECTORIA PROFESIONAL DA XUSTIZA GALEGA NON IMPEDIRÁN A CONTINUACIÓN DA CARREIRA PROFESIONAL CONSEGUIDA POR SPJ-USO COMO DESENVOLVEMENTO DO ACORDO DE 2018.

ASÍ O ESIXIMOS COA FORZA QUE NOS DÁ SER O SINDICATO MAIORITARIO, E ASÍ O CONSEGUIREMOS NA DEFENSA DOS DEREITOS DE TÓDOLOS TRABALLADORES.

Accede á circular: CARREIRA PROFESIONAL – IMPORTANTE

Tras múltiples xuntanzas de este sindicato con tódolos estamentos da Xunta de Galicia, como sindicato impulsor e firmante da única carreira profesional na Xustiza española, incluída a última xuntanza que foi a da comisión de seguemento do acordo, e pendentes de nova xuntanza en vindeiros días, ACLARAMOS:

  1. No ámbito da Xunta de Galicia o desenvolvemento da carreira profesional está paralizado por segundo ano gracias o traballo dos sindicatos non firmantes do acordo na xunta, CIG e CSIF concretamente, que mais que ós traballadores defenden outros intereses, ó igual que fan na xustiza xunto con STAJ e CUT.
  2. En semanas pasadas coñecéronse duas sentencias “logradas” por CSIF e CIG que o único que conseguen é poñer en perigo o grado 2 de carreira profesional de xustiza para 2022. A pesar de coñecer as consecuencias da xunta de Galicia, CSIF e CIG seguiron coa impugnación do acordo da carreira de xustiza, igual que seguen STAJ e CUT, a pesar de que estes están pendentes de sentencia. Gran traballo por parte de todos eles, que pode deixarnos sen DESENVOLVEMENTO da carreira profesional temporalmente…. difícil saber a quén representan…., sobran palabras, falan os seus feitos.
  3. SPJ-USO segue a garantir que A CARREIRA PROFESIONAL VEU PARA QUEDARSE NA XUSTIZA GALEGA, E NO ANO 2022 COBRAREMOS SEGURO O GRADO 1 DE CARREIRA. NO CASO DOS XESTORES E FORENSES NO 2022 COBRARÁN A MAIORES O TRAMO PENDENTE DO GRADO 1, E NO CASO DE TRAMITADORES E AUXILIOS SEGUIRÁN COBRANDO SEGURO O GRADO 1 ÍNTEGRO (FEITOS, non palabras!!!). Os recoñecementos de grado feitos son plenamente válidos.
  4. AS SENTENCIAS DE XUSTIZA NON SON FIRMES, E SPJ-USO ESIXE A XUNTA DE GALICIA QUE AS RECORRA, como así fará, e ESIXIMOS O DESENVOLVEMENTO DO GRADO 2 PARA 2022, ASÍ COMO O NOVO ACCESO Ó GRADO 1 DE QUÉN AGORA CUMPLA OS REQUISITOS.
  5. O acordo de carreira profesional de xustiza segue plenamente vixente; o acordo da Xunta debe ser replanteado. SPJ-USO propón a execución do acordo de xustiza e  o desenvolvemento do grado 2 en tanto se sustancia o recurso contra as sentencias de xustiza, negociando unha nova versión das cláusulas “tocadas” polas sentencias, que son as referentes ó acceso extraordinario ó grado 2 (base 5). 

Sigue leyendo

COMPLEMENTO DE VIOLENCIA 2021: SEGUIMOS SUMANDO CO ESFORZO DOS TRABALLADORES E O ACORDO DA XUSTIZA GALEGA

No día de onte a Dirección Xeral trasládanos a listaxe dos Xulgados que por mor do acordo acadado cobrarán ou seguirán cobrando as cantidades do Complemento de Violencia Sobre a Muller o haber acadado as 75 dilixencias ou máis segun os datos do CXPX. 

Espérase que a partir da nómina do mes de abril apareza reflexado o Complemento, 52,75 € por funcionario.

XULGADOS CON COMPLEMENTO DE VIOLENCIA ANO 2021:

RIBEIRA , CANGAS, MONFORTE DE LEMOS, CAMBADOS,    VIVEIRO, CALDAS DE REIS, VILAGARCIA, REDONDELA, PADRON, BETANZOS, MARIN, CARBALLO, PONTEAREAS, NOIA, O PORRIÑO

SPJ-USO  e os sindicatos firmantes do acordo de todos vós seguimos mellorando os vosos dereitos.

FEITOS NON PALABRAS, NIN PAUS NAS RODAS…

SOLICITUDE URXENTE DE COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE 23/05/2018 firmado por SPJ-USO

SOLICITUDE URXENTE DE COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE 23/05/2018 firmado por SPJ-USO

 

1. Para a revisión do Complemento Autonómico Transitorio ( CAT), que conforme ó acordo «serán revisados anualmente no TERCEIRO TRIMESTRE DE CADA ANO» coa finalidade de garantir que os traballadores da Administración de Xustiza de Galicia manteñan unha posición por encima da media dos trece ámbitos territoriais con competencia en materia de Xustiza.

2. Creación do segundo bloque de prazas pendentes segundo se acordou en comision de seguimento e reflexa o acordo acadado o 23 de maio de 2018 (marco do plan de modificación dos cadros de persoal aprobados no 2012 ).

Amplía información e accede ó escrito presentado: 

VER          SOLICITUDE   COMISION DE SEGUIMENTO

Justificante- presentación

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!! 
FEITOS, non palabras!!!

SOLICITUDE URXENTE DE COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE 23/05/2018 FIRMADO POR SPJ-USO

 

VER          SOLICITUDE   COMISION DE SEGUIMENTO

 

Justificante- presentación

 

 

 

CARREIRA PROFESIONAL: OBXECTIVO ACADADO!!!

OS TRABALLADORES DA XUSTIZA GALEGA, AVALADOS POLA FIRMA DOS SINDICATOS SPJ-USO, UGT E CCOO, LOGRAN TER A PRIMEIRA CARREIRA PROFESIONAL NO ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA A NIVEL NACIONAL.

HOXE 13-3-2020, PECHOUSE UN ACORDO HISTÓRICO QUE SE FIRMARÁ NOS VINDEIROS DÍAS EN CANTO A CRISE DO CORONAVIRUS O PERMITA.

Ampliaremos a información nos vindeiros días.

Carreira Profesional - obxectivo acadado