CREACIÓN DE 57 NOVAS PRAZAS EN GALICIA PARA 2022 CONFORME Ó ACORDO FIRMADO POR SPJ-USO.

CREACIÓN DE 57 NOVAS PRAZAS EN GALICIA PARA 2022 CONFORME Ó ACORDO FIRMADO POR SPJ-USO.

No desenvolvemento do acordo firmado por SPJ-USO acordouse a creación de 57 NOVAS PRAZAS dos corpos de funcionarios da administración de Xustiza para o 2022 no noso territorio.

Desas 57 novas prazas, parte delas serán consolidacións de reforzos existentes, entre elas 11 serán consolidacións de reforzos nas fiscalías para cumplir coa ratio de 1funcionario/1fiscal, debendo cumplirse esta premisa sen computar os funcionarios do corpo de Auxilio, como así temos esixido dende SPJ-USO e así se fará.

Outras 6 novas prazas serán para o Xulgado novo do Mercantil de A Coruña.

Das 40 prazas restantes, moitas delas xa están decididas conforme ós diferentes escritos/proposta presentados por SPJ-USO, dos que vos temos informado (Imelgas, Betanzos, Caldas, Lalín, Vilagarcía, Cambados, Ribeira, Viveiro, Rexistro e reparto das cidades, Servizos de apoios, Xulgados infradotados, etc) e algunhas delas están pendentes de concretar en vindeiras xuntanzas, das que vos manteremos puntualmente informados.

Los comentarios están cerrados.