RESPOSTA Á DESINFORMACIÓN DIFUNDIDA POR STAJ!!!
BASTA XA DE DESINFORMAR!!!
Como ben sabedes non é a nosa maneira de traballar o respostar a sindicatos que se adican continuamente a destruír no canto de a construír pero non podemos permitir que se engane ós traballadores dando “paus de cego”.
Prazas de nova Creación:
Intentar anotarse un mérito de algo negociado nunha comisión de seguemento dun acordo que non firmaron, e polo tanto non están presentes nesa comisión de seguemento é inaudito. Staj non estivo nesas mesas porque non firmou un dos acordos mais importantes da Xustiza, no que entre outras cousas se acordou a Carreira Profesional. Polo tanto non pode negociar a creación de prazas que tamén recolle o dito acordo.
COMISIÓNS DE SERVIZOS:
Outro mérito de Staj, din…., cando SPJ-USO foi o sindicato que impulsou esta normativa, remitindo propostas sobre a mesma á administración, e presionando para a súa publicación inmediata.
CLÁUSULA DE REVISIÓN DO CAT:
Din que estudiarán as cantidades, mais como é evidente é un tema que xa foi negociado na comisión de seguemento do acordo no que firmamos unha CLÁUSULA DE REVISIÓN que non permitirá que en ningún momento estemos por debaixo da media estatal. Nos xa o temos estudiado, e seguirémolo estudiando ano a ano cando proceda a súa aplicación.
CARREIRA PROFESIONAL:
Manifestan moitas dúbidas sobre a Carreira Profesional; é normal, dende SPJ-USO podemos resolverllas dado que o negociamos na Comisión de Seguemento do acordo; acordo que por certo non firmaron porque as cantidades “mensuais” manifestaron que pensaron que eran cantidades “anuais” a repartir en 12 meses.
Por certo, como somos impulsores e firmantes da carreira profesional, témolo todo “moi claro”, incluso o que é mellorable, que tamén o hai.
O único certo que din é que non teñen “ataduras”.
Acceso á información remitida polo Staj: https://stajgalicia.blogspot.com/2022/03/propostas-da-dxx-sobre-creacion-de.html?m=1
SPJ-USO: FEITOS, non palabras!!!