REVISIÓN DO CAT 2022 – CLÁUSULA DE REVISIÓN FIRMADA POR SPJ-USO

REVISIÓN DO CAT (COMPLEMENTO AUTONÓMICO E COMPLEMENTO ESPECÍFICO). SPJ-USO SEGUE A ESIXIR O ÍNTEGRO CUMPRIMENTO DO ACORDO FIRMADO, E A CLÁUSULA DE REVISIÓN PONSE EN FUNCIONAMENTO POR PRIMEIRA VEZ.

Lembramos que conforme quedou establecido no acordo firmado por SPJ-USO como sindicato maioritario na Xustiza galega, temos garantido que EN NINGÚN MOMENTO os funcionari@s da xustiza galega podemos estar por debaixo da media estatal en canto a retribucións, o que implica que de 13 territorios (12 transferidos mais o Ministerio de Xustiza) en Galicia temos garantido conforme ó firmado que en ningún caso podemos estar por debaixo do 6º posto, e por suposto sen prexuízo de cantas melloras no mesmo se poidesen conseguir.

Lembramos igualmente que deixamos firmado que no cómputo das retribucións autonómicas a estes efectos EN NINGÚN CASO SE TERÍA EN CONTA A CARREIRA PROFESIONAL (que noutro caso impediría que na práctica tivese valor algún a cláusula de revisión salarial dado que estaríamos sempre por encima da media).

Así, o acordo firmado establece literalmente respecto do CAT: “Estes complementos serán revisados anualmente no terceiro trimestre de cada ano, para os efectos de que a modificación se poida incluír na lei de orzamentos de cada ano, coa finalidade de garantir que os traballadores da Administración de xustiza de Galicia manteñan unha posición por riba da media dos ámbitos territoriais con competencia en materia de xustiza, no que aos complementos retributivos de determinación autonómica se refire.”

Pois ben, SPJ-USO leva traballando na actualización do CAT, xa non no terceiro trimestre de 2021 como di o acordo, se non con anterioridade, e así está presupuestada nos orzamentos da Xunta para 2022 a ACTUALIZACIÓN DO CAT.

Polo anterior, e tralas subidas retributivas do CAT noutros territorios, que sempre son benvidas e sempre favorecen ó CAT galego (lamentamos que a subida do territorio Ministerio, entre a incompetencia do Ministerio de Xustiza e a mala praxe dos sindicatos estatais, se quedase en “nada”), no noso territorio, A CLÁUSULA DE REVISIÓN SALARIAL AFECTARÍA  NO 2022 ÓS CORPOS DE XESTIÓN P.A. e MÉDICOS FORENSES, que actualmente están por debaixo da media estatal, e afectaríalle NUNHA CANTIDADE DUNS 15 EUROS/MES DE SUBIDA (pendiente de concretar), subida á que evidentemente hai que engadir ó 3º tramo do grado 1 da carreira profesional que supón 54 euros para XESTIÓN P.A. e 77 EUROS para MÉDICOS FORENSES.

No caso dos corpos de TRAMITACIÓN P.A. e AUXILIO XUDICIAL, non procede a aplicación da Cláusula de revisión ó estar actualmente por encima da media estatal.

                             SPJ-USO: FEITOS, non palabras!!!            

Seguimos traballando na mellora das condicións laborais de tódolos traballadores da xustiza galega!!! Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!!

 

Los comentarios están cerrados.