
Aula telepresencial | Capacitación “VISOR-EXE e vIAexe. Uso dos sistemas” (carreira xudicial, LAXs e corpos de xestión/tramitación/auxilio): uso do Expediente Xudicial Electrónico
Xa está dispoñible a inscrición na capacitación “VISOR-EXE e vIAexe | Uso dos sistemas”, unha formación práctica para mellorar o manexo do Expediente Xudicial Electrónico.
Nesta capacitación revisarase o uso de Visor-EXE ao completo e traballaranse as opcións avanzadas de vIAexe (visualización, procura, descarga e personalización). A formación está estruturada en dúas sesións telepresenciais (1ª parte e 2ª parte), con datas e horarios adaptados segundo o perfil: carreira xudicial, LAXs e xestores/as xefes/as de equipo e xestores/as, tramitadores/as e auxilios.
Unha vez matriculado/a, entra en “RESERVA DE PRAZA / RESERVAS” para escoller a opción que mellor se adapte á túa dispoñibilidade e reservar praza na 1ª e 2ª parte.
Accede a plataforma de capacitación de Xustiza Dixital: Acceder ao sitio
Pasos para realizar a inscrición nas sesións:
-
1Accede á actividade na plataforma de formación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta ou correo corporativo e o contrasinal.
-
2Matricúlate na actividade premendo o botón «Matricularme».
-
3Xa podes acceder aos contidos didácticos de autoformación!
-
4Unha vez que accedas, reserva a túa praza na sesión de formación que desexes premendo «Reservar agora».
-
5Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes.



















