APERTURA PRAZO PRESENTACION CURSOS DO SEGUNDO CUADRIMESTRE DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA.

Dende o día de hoxe 4 de xaneiro ata o 14 de xaneiro de 2022, apertúrase o prazo de presentación das solicitudes para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Lembramos que por RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, convocáronse, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Os cursos impartiranse entre febreiro de 2022 e maio de 2022, en horario de mañá ou de tarde

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo http://www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Para ampliar información consulta DOG 155 de data 13 de agosto de 2021.

Los comentarios están cerrados.