ACTIVIDADE DE REFORZO SOBRE COMPARTICIÓN DO EXE XULGADOS DE INSTRUCIÓN DE VIGO

Ábrese o prazo de inscrición para asistir ás sesións da actividade «Compartición do EXE» (xulgados de instrución – Vigo)


A semana do 24 ao 28 de xuño activarase para o teu órgano a funcionalidade de compartición do expediente xudicial electrónico a través de Visor-EXE e farase un reforzo dos servizos dispoñibles na Sede Xudicial Electrónica para cidadáns e profesionais.

A capacitación está dirixida aos Xulgados de Instrución de Vigo e consiste en dous tipos de sesións complementarias:

  1. Sesión telepresencial de acercamento á funcionalidade, previa á activación:
    Esta sesión terá lugar o 25/06 e tes dispoñibles dúas convocatorias (de 09:00 a 11:30 e de 12:00 a 14:30) para elixir a que máis che conveña.
  2. Sesión de reforzo presencial para consultar dúbidas tras o uso da funcionalidade:
    Esta sesión terá lugar os días 04/07 e 05/07 na aula de capacitación. A distribución das devanditas sesións aparece recollida na táboa coa planificación publicada na intranet de xustiza.

Para inscribirse nestas sesións presencias so tes que seguir estes pasos sinxelos:

  1. ACCEDER A INTRANET
  2. BUSCAR A ACTIVIDADE DA PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN.
  3. DARLLE O BOTON «MATRICULARME«
  4. UNHA VEZ DENTRO, NO APARTADO « FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN«, TES QUE ESCOLLER » VER OPCIÓNS DISPOÑIBLES«.
  5. AQUI ACCEDERAS AS DISTINTAS DATAS, HORARIOS E LOCALIZACIÓNS DAS SESIÓNS EXISTENTES. PARA ESCOLLER UNHA TES QUE PREMER «RESERVAR AGORA».
Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.