Archivo diario: 09/06/2026

MEDICOS FORENSES: PUBLICACIÓN ADXUDICACIÓN DEFINITIVA COMISIÓNS DE SERVIZO DO 26/05/2026

A DXX ven de publicar a resolución  pola que se publica a adxudicación  definitiva de posto convocado pola Resolución do 26 de maio de 2026, pola que se convoca a provisión en comisión de servizos de postos de traballo entre persoal funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.

Amplía información aquí:

Adxudicación definitiva

PUBLICADA A CONVOCATORIA DUN POSTO DE LIBRE DESIGNACIÓN PARA O CORPO DE TRAMITACIÓN NA CORUÑA

Publicado no BOE de hoxe 09/06/2026 a  Resolución do 27 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convoca a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo do corpo de Tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza na Secretaría de Goberno na Coruña.

▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

📣📣 O posto convocado é no centro de destino da Secretaría de Goberno con código XG92589000150307008.13– Tramitación Xefatura SG en Coruña.

🔴 Tramitación-Jefatura SG na Coruña – Complemento Xeral de Posto anual 3.587,52 € – Complemento Específico anual (12 pagas) 11.318,40 € .

👉 Dispoñibilidade horaria. 

▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

🔴 Prazo de presentación de solicitudes : 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

ACTUALIZACIÓN 11.06.2026 

A convocatoria foi publicada tamén hoxe   no DOG. Non obstante a Base segunda  establece expresamente que o plazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación no BOE (09-6-2026). Polo tanto, o prazo finaliza o 16 de xuño de 2026.

🔴 As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.

🔴 Canda a solicitude deberá achegarse un currículo e a documentación acreditativa dos méritos alegados para o posto solicitado.

Igualmente, xuntarase á instancia unha memoria asinada na cal, nunha extensión non superior aos cinco (5) folios, o/a candidato/a realizará unha análise das tarefas do posto solicitado e das condicións e dos medios necesarios para o seu desempeño, facendo constar, así mesmo, propostas de mellora no desenvolvemento das funcións e todas aqueloutras cuestións que o/a aspirante considere de interese ou importancia, con base na descrición das funcións do posto.

A Dirección Xeral de Xustiza ou o/a secretario/a de Goberno poderán realizarlles unha entrevista persoal ás persoas interesada.

Amplía información e accede ao resto da Resolución no seguinte enlace:

Resolución BOE

Resolución DOG