Archivo diario: 26/06/2026

CONCENTRACIÓN DIANTE DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA: «TRONCHONI DIMISIÓN»!!!

Unha representación dos funcionarios dos Xulgados de Santiago de Compostela, xunto cos representantes dos sindicatos SPJ-USO,  xunto con Staj, Ugt, Csif e CCOO e coa presenza dos medios de comunicación, contentrámonos na defensa dos DEREITOS LABORAIS DOS TRABALLADORES DA XUSTIZA GALEGA, así como na defensa do servizo público, e ó grito de «TRONCHONI DIMISIÓN» esiximos resposabilidades polo caos na implantación dos tribunais de Instancia na Xustiza galega e esiximos:

  • NOMEAMENTO INMEDIATO DE REFORZOS.
  • MODIFICACIÓN DAS RPT CON AMPLIACIÓN DE PLANTILLA E CREACIÓN DE PRAZAS.
  • CREACIÓN DE EQUIPOS ESTRUCTURAIS.
  • COBERTURA INMEDIATA DE PRAZAS DESOCUPADAS.
  • FORMACIÓN REAL E EFICIENTE.
  • IMPLANTACIÓN EFECTIVA DO TELETRABALLO.
  • PALIAR O DESASTRE TECNOLÓXICO

As mobilizacións continuarán….

OS TEUS DEREITOS, O NOSO TRABALLO!!!

Así si que NON!!!

ÚLTIMA HORA 📆 26/6/26 ➖ RECIBIDA A NÓMINA 🪙 DE XUÑO (PAGA EXTRA)‼️

ℹ️➡️ Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes de XUÑO (PAGA EXTRA).

🔴 Lembrade que a paga extra componse de:

☑️ DOBLE SOLDO, DOBLES TRIENIOS, MAIS OS SEGUINTES COMPLEMENTOS

▪️ COMPLEMENTO DE DESTINO OU «CONTIA ADICIONAL»
▪️ COMPLEMENTO ESPECÍFICO (Adicional Art. 12.3 Lei 14/06) ou PAGA ADICIONAL COMPLEMENTARIA

👉 Podedes consultar as cantidades destes complementos para cada corpo nos enlaces seguintes ou na imaxe adxunta ⤵️⤵️

👉 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente. ⤵️

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – 2026 ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-2026.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RES1UMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES 2026 ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-FORENSES-2026.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas 2026 ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/ORDE-CONFECCION-NOMINAS-2026.pdf

▪️ Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!