No día de hoxe publícase no BOE e no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo vacantes nas fiscalías de Galicia (Fiscalía de Área. Santiago de Compostela e Fiscalía Superior de la Comunidad Autónoma de Galicia. A Coruña).
1- Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.
2- Resolver o concurso específico adxudicando os postos convocados ás persoas funcionarias que se relacionan no anexo.
3- Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e mais no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.
4- O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no DOG.
Accede aquí a Resolución:






















