Archivo diario: 18/06/2026

PUBLICADO LISTADO ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS COMISIONS DE SERVIZO –18/06/2026

COMISIÓN DE SERVIZOPublicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia e Xustiza e (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 🗓️10/06/2026.

Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3⃣ días hábiles.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️

Adxudicacion-provisional.pdf

INFORMACIÓN DA DXX EN RESPOSTA Á SOLICITUDE DE CLIMATIZACIÓN DE SEDES XUDICIAS‼️

Trala presión exercida por SPJ-USO en relación ás altas temperaturas das sedes xudiciais como o Edificio Vello de A Parda e o da Audiencia Provincial de Pontevedra, entre outros, a DXX infórmanos textualmente:

«Ante as solicitudes recibidas en relación coa situación da climatización en distintas sedes xudiciais, así como respecto da adopción de medidas provisionais mentres non se complete unha solución integral, estase realizando un seguimento polos órganos competentes, os cales están analizando distintas alternativas de actuación para paliar, con carácter provisional, as temperaturas elevadas que poidan rexistrarse en determinadas dependencias.

En particular, estase valorando a viabilidade técnica e material de medidas temporais que permitan mellorar as condicións térmicas dos espazos afectados, incluída a posible utilización de equipos portátiles de climatización, tendo en conta as características de cada inmoble, a configuración das fiestras, a dispoñibilidade de equipos e as necesidades de instalación ou adaptación que puidesen resultar necesarias.

No que atinxe ás actuacións tratadas na reunión do día 9 de xuño, acordouse ir valorando a situación edificio por edificio, revisando cada caso concreto para determinar se as actuacións necesarias teñen encaixe en obras de eficiencia previstas ou en curso, dado que deben cumprirse determinadas condicións técnicas e materiais para poder executar as solucións que resulten procedentes.

Deste xeito, as actuacións estanse a desenvolver seguindo criterios técnicos, co obxectivo de priorizar aquelas sedes, edificios ou dependencias que presenten unha situación máis sensible. Neste sentido, prevese dotar de aparellos aos espazos nos que, atendidas as súas circunstancias concretas, resulte máis necesaria unha actuación provisional.

Somos conscientes da importancia de garantir unhas condicións axeitadas de traballo e de previr situacións que poidan afectar ao benestar do persoal destinado nas sedes xudiciais. Por iso, daráselle prioridade ao seguimento desta incidencia e á adopción das solucións provisionais que resulten viables mentres se avanza na mellora das condicións de climatización dos edificios afectados.

Quedamos á súa disposición para mantelos informados de calquera novidade relevante.»

Dende SPJ-USO xa viñamos reclamando que a DXX tomáse medidas inmediatas para cumplir coa normativa en materia de prevencións de riscos advertindo sobre esta problemática.

Deixamósvos a continuación acceso a dúas entradas, entre outras, nas que tratamos esta cuestión:

🔗https://spjusogalicia.com/spj-uso-esixe-coa-antelacion-suficiente-para-evitar-escusas-que-se-cumpla-coa-normativa-de-prevencion-de-riscos-nos-xulgados-vellos-da-parda-e-da-audiencia-provincial-de-pontevedra/

🔗https://spjusogalicia.com/%f0%9f%93%a2%f0%9f%94%8a-spj-uso-esixe-solucions-inmediatas-respecto-da-climatizacion-dos-edificios-de-a-parda-e-audiencia-provincial-de-pontevedra%e2%80%bc%ef%b8%8f/

SPJ-USO: Estaremos vixiantes e esixiremos as medidas solicitadas; FEITOS, non palabras‼️

 

 

SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO denuncian en Rolda de prensa a catastrófica implantación dos tribunais de instancia, o deterioro das condicións laborais e a grave situación que atravesa a Xustiza en Galicia

COMDIX: PUBLICADA NO DOGA A CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO COMDIX NIVEL INICIACIÓN E INTERMEDIO

No DOG de hoxe 18 de xuño de 2026 publicouse a Resolución do 11 de xuño de 2026 pola que se convocan as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) nos seus niveis de iniciación e intermedio.

Accede á RESOLUCIÓN do DOGA

Poderá participar nas probas para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación e intermedio (ComDix-Iniciación) e (ComDix-Intermedio), convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado a Administración de xustiza de Galicia, así como doutras administracións indicadas na convocatoria,  que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teñaconcedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Para a preparación destas probas para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación (ComDix-Iniciación),e nivel intermedio (ComDix-Intermedio), a EGAP porá á disposición das persoas usuarias, como material de apoio, un programa de autoformación específico que inclúe o itinerario formativo completo do nivel respectivo.

O persoal indicado anteriomente mencionado poderá acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>

A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 29 de xuño de 2026, podendo acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 30 de decembro de 2026. As persoas participantes deberán dispoñer do software que se poida requirir na actividade convocada.

Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de certificación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá unicamente pola superación da proba de certificación regulada nesta convocatoria.

Datas e lugares de realización da proba para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación e nivel intermedio (ComDix-Iniciación) e (ComDix‑Intermedio)

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 26 de xuño de 2026 mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

                                              Calendario das probas 

Sigue leyendo

BOE. GESTIÓN PA, TURNO LIBRE, ESTABILIZACIÓN (CONCURSO DE MÉRITOS), JUS/1288/2022. NOMBRAMIENTOS Y ADJUCICACIÓN DE DESTINOS ÁMBITO ANDALUCÍA

NOMBRAMIENTOS

Orden PJC/611/2026, de 4 de junio, por la que se nombra personal funcionario del Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa de la Administración de Justicia a las personas que han superado el proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre, por el ámbito territorial de Andalucía, convocado por Orden JUS/1288/2022, de 22 de diciembre.

DESTINOS

Resolución de 4 de junio de 2026, de la Secretaría General de Servicios Judiciales, de la Consejería de Justicia, Administración Local y Función Pública, por la que se otorga destino al personal funcionario del Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa de la Administración de Justicia que superó el proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre, convocado por Orden JUS/1288/2022, de 22 de diciembre.

⚠️⚠️ TOMA DE POSESIÓN: La toma de posesión se efectuará dentro del plazo de veinte días hábiles contados desde el siguiente al de la publicación de esta orden en el «Boletín Oficial del Estado».

Sigue leyendo