Archivo diario: 02/06/2025

PUBLICADA A CONVOCATORIA DO PROCESO DE REORDENACIÓN E REASIGNACIÓN FORZOSA DE EFECTIVOS

spjinformaMOI IMPORTANTE. Publicada na Intranet e na páxina web da Consellería a convocatoria do proceso de reordenación e reasignación forzosa de efectivos dentro do proceso de reorganización que se realiza con motivo da implantación da fase I, Xulgados Mixtos dos Pobos.

ACCEDE A RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA

MODELO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE ANEXO II

REORDENACIÓN E REASIGNACIÓN FORZOSA – FASE I – CIRCULAR

PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

  • O prazo sera de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.
  • As solicitudes serán telemáticas e deberán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal), mediante o modelo solicitude xenérica co código PR04A xuntando o modelo do Anexo II onde deberá indicar as súas preferencias para a fase de reordenación de efectivos e para a de reasignación forzosa.
  • IMPORTANTE: As duas Fases (Reordenación e Reasignación Forzosa) convócanse simultaneamente, polo tanto no modelo de Presentación da Solicitude Anexo II débense indicar igualmente as súas preferencias nas duas Fases.
  • Para calquera dúbida, as persoas interesadas poderanse dirixir á Dirección Xeral de Xustiza, a través do correo electrónico:

PERSOAS SOLICITANTES:

  • Soamente poderán presentar solicitudes as persoas funcionarias que non foran confirmadas previamente e que teñan destino definitivo ou reserva de posto nas unidades afectadas pola implantacion da Fase I da localidade para a que se convocan os postos recollidos no anexo I.
  • Non poderán presentar solicitudes as persoas en adscrición provisional e as persoas en situación de excedencia sen reserva de posto.

FASES DO PROCESO:
O proceso se estrutura en dúas fases: a fase de reordenación de efectivos e fase de reasignación forzosa que se convocan simultaneamente.

Se resolvera en primeiro lugar a reordenación e en segundo lugar a reasignación forzosa conforme se detalla a continuación:

A) Fase de reordenación de efectivos
O persoal funcionario deberá indicar obrigatoriamente, seguindo o Modelo do Anexo II, unha das seguintes opcións:

  • Que non solicita ningun posto na fase de reordenacion. Neste caso adxudicaráselle un posto na fase de reasignacion forzosa.
  • Que solicita postos na fase de reordenación, indicando a orde de preferencia dos postos solicitados. Pode solicitar un ou varios postos. No caso de que seguindo os criterios de adxudicación non lle corresponda ningún dos postos solicitados, adxudicaráselle un posto na fase de reasignación forzosa.

Os postos se adxudicaran, no caso de haber varias persoas interesadas, seguindo a orde de preferencia das persoas solicitantes tendo en conta a maior antiguidade no centro de destino, e en caso de empate a antiguidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón.
O posto de traballo ao que se acceda a través de reordenación terá carácter definitivo, iniciándose o computo do tempo minimo de permanencia para poder concursar desde a data da resolución pola que se accedeu por primeira vez con caracter definitivo ao centro de destino do que procedían se se trata de funcionarios de novo ingreso, ou desde a data da resolucion de convocatoria, conforme ao disposto no artigo 46.1 do RD 1451/2005, do 7 de decembro.

B) Fase de reasignación forzosa

  • Ás persoas que non resulten adxudicatarias dun posto na fase anterior adxudicaráselles un posto por reasignación forzosa, non cuberto despois de resolver a fase de reordenación.
  • Todas as persoas deberan indicar obrigatoriamente, seguindo o modelo do anexo II, os postos que solicitan na fase de reasignación forzosa, indicando a orde de preferencia dos postos solicitados. De non cubrir este apartado, adxudicaráselle un posto non cuberto despois de realizar as adxudicacións ao resto do persoal participante.
  • As persoas que participen na fase de reordenación de efectivos deben indicar igualmente as súas preferencias na fase de reasignación forzosa que serán tidas en conta no caso de que non se lle adxudique un posto na dita fase. De non cubrir este apartado, adxudicaráselle un posto non cuberto despois de realizar as adxudicacións ao resto do persoal participante.
    Os postos se adxudicarán tendo en conta a menor antigüidade no centro de destino e en caso de empate a antigüidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón.

A adscrición ao posto de traballo adxudicado terá carácter obrigatorio e definitivo. O persoal funcionario afectado por unha reasignación forzosa estará exento da obrigación de permanencia mínima no posto de traballo sinalada no artigo 46.1 do Real Decreto 1451/2005, do 7 de decembro, gozando de preferencia para obter un posto de traballo no seu centro de destino de orixe no primeiro concurso de postos xenericos en que se oferten prazas no dito centro.

 

CONCURSO DE TRASLADOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – ÚLTIMA HORA 2/6

O Ministerio de Xustiza informa que o número de erros nos listados do Concurso de Traslados é mínimo (7 erros a nivel nacional) e de entidade menor (números de dni, etc).


📣📣 Manteránse as datas de cesamento acordadas, ou no peor dos casos podería demorarse unha semana.

🔴 Fecha de cese de Tramitación: 20-6-2025, viernes.

🔴 Fecha de cese de Gestión y Auxilio: 24-6-2025, martes.

⚫ Tanto os ceses como as tomas de posesión serán telemáticos.

🔴 Toma de posesión:
☑ 3️⃣ TRES días hábiles seguintes ao cesamento se non hai cambio de localidade do funcionario, nos ☑ 8️⃣ OITO días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e nos ☑ 2️⃣0️⃣ VINTE días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de Melilla, nas cales será no ☑ MES SEGUINTE, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe coma se é o de destino.
🔘 No caso de reingreso disporase de 2️⃣0️⃣ vinte dias (non retribuídos) dende o mesmo día da publicación no BOE.

GESTIÓN Y TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA ÓRDENES PJC 1435/24 Y 1436/24

BOEPublicadas en el día de hoy las órdenes PJC/553/2025 y PJC/554/2025 por las que  se modifican las anteriores órdenes publicadas en el «Boletín Oficial del Estado», número 118, de 16 de mayo de 2025  en las que se corrigen varios errores relativos a la admisión de varios aspirantes.

ACCEDE A LA ORDEN DE GESTIÓN

ACCEDE A LA ORDEN DE TRAMITACIÓN

EGAP: PUBLICADOS OS CURSOS DO PLAN DE AUTOFORMACIÓN 2025 DE XUSTIZA

ℹ️➡️ ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA – RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2025 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN PUBLICADA NO DOG

🔴 Poderase acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo  https://egap.xunta.gal/matricula

👉 A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 13 de xuño de 2025 , día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

🔴 Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 30 de decembro de 2025, agás para os seguintes contidos, que estarán dispoñibles a partir do día 1 de outubro de 2025.
AF25008: a xurisdición contencioso-administrativa.
AF25010: aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).
AF25015: aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).
AF25020: básico de subvencións e normativa aplicable.
AF25048: políticas públicas para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
AF25064: uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

🔴 Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

🔴 O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

🔴 O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base novena do anexo II.

🔴 O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 12 de xuño do 2025.

🔴 O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a 4️⃣ catro.