Archivo diario: 17/06/2025

CONCURSO DE TRASLADOS 2024 – PUBLICADA POR FIN NO DOG E NO BOE A RESOLUCIÓN DEFINITIVA

RESOLUCIÓN de  5 de xuño de 2025 da Dirección Xeral  de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario para prazas vacantes entre persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución de 16 de xaneiro de 2025.

ACCEDE AQUÍ Á PUBLICACIÓN NO DOG ⤵⤵

🔗 https://www.xunta.gal/dog/concurso.traslado.gl.html

▪️ Accede ás instrucións sobre ceses e tomas de posesión en Galicia ⤵️⤵️

🔗 INSTRUCIÓNS-CONCURSO-DE-TRASLADOS-2024-GALICIA

🔴 Os cesamentos serán:

☑️  20 de xuño para Tramitación P.A. 
☑️ 24 de xuño para Auxilio Xudicial e Xestión P.A.

*No caso de que o día previsto para o cesamento non sexa hábil na localidade onde se atopa o destino definitivo no que se cesa, o cesamento realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Tanto os ceses como as tomas de posesión serán telemáticos.

🔴 Toma de posesión:
☑️  3️⃣ TRES días hábiles seguintes ao cesamento se non hai cambio de localidade do funcionario, nos ☑️ 8️⃣8⃣OITO días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e nos ☑️ 2️⃣0️⃣ VINTE días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de Melilla, nas cales será no ☑️ MES SEGUINTE, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe coma se é o de destino.
🔘 No caso de reingreso disporase de 2️⃣0️⃣ vinte días (non retribuídos) dende o mesmo día da publicación no BOE.

👉O cesamento e o cómputo dos prazos posesorios produciranse cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que fosen concedidos ás persoas interesadas; nese caso, o cesamento efectuarase o mesmo día da incorporación das devanditas persoas ao seu posto de traballo, e comezará entón a contarse o prazo posesorio correspondente. Unha vez efectuada a toma de posesión, o prazo posesorio considerarase como de servizo activo para todos os efectos. O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto á praza obtida en concurso.

Sigue leyendo