EGAP: PUBLICADOS OS CURSOS DO PLAN DE AUTOFORMACIÓN 2025 DE XUSTIZA

ℹ️➡️ ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA – RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2025 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN PUBLICADA NO DOG

🔴 Poderase acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo  https://egap.xunta.gal/matricula

👉 A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 13 de xuño de 2025 , día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

🔴 Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 30 de decembro de 2025, agás para os seguintes contidos, que estarán dispoñibles a partir do día 1 de outubro de 2025.
AF25008: a xurisdición contencioso-administrativa.
AF25010: aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).
AF25015: aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).
AF25020: básico de subvencións e normativa aplicable.
AF25048: políticas públicas para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
AF25064: uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

🔴 Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

🔴 O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

🔴 O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base novena do anexo II.

🔴 O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 12 de xuño do 2025.

🔴 O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a 4️⃣ catro.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.