Archivo diario: 19/05/2025

ÚLTIMA HORA 19/5/25 SOBRE A RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS 2024-1

ℹ️➡️ Ante a multitude de preguntas ó respecto da data da publicación da resolución do Concurso de Traslados de Xestión, Tramitación e Auxilio 2024-1, o Ministerio de Xustiza informa que TEN INTENCIÓN DE PUBLICAR A RESOLUCIÓN (DEFINITIVA) DO CONCURSO DE TRASLADOS NO BOE ENTRE FINAIS DESTE MES e PRIMEIROS DIAS DE XUÑO, sen poder a dia de hoxe concretar data exacta.
👉📣 Informa o Ministerio que se dará traslado das adxudicacións con carácter previo á publicación no BOE.

📣 Na mesma resolución establecerase a data de cese e inicio do correspondente prazo posesorio.

⚫ Tanto os ceses como as tomas de posesión serán telemáticos.

🔴 Toma de posesión:
☑️ 3⃣ TRES días hábiles seguintes ao cesamento se non hai cambio de localidade do funcionario, nos ☑️ 8⃣ OITO días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e nos ☑️ 2️⃣0️⃣ VINTE días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de Melilla, nas cales será no ☑️ MES SEGUINTE, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe coma se é o de destino.
🔘 No caso de reingreso disporase de 2️⃣0️⃣ vinte dias (non retribuídos) dende o mesmo día da publicación no BOE

PROCEDEMENTO PARA O DESENVOLVEMENTO DA REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS DAS OFICINAS DE XUSTIZA, OFICINAS XERAIS DO REXISTRO CIVIL E OFICINAS DE XUSTIZA DO MUNICIPIO DA FASE I‼️

A DXX remítenos, tralas mesas de negociación, o texto definitivo respecto do proceso de reorganización do persoal afectado pola Fase I.

  • Infórmase que na próxima semana, está previsto comenzar a remitir os oficios coas confirmacións de postos.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
🔗 PROCEDEMENTO REORDENACIÓN DE EFECTIVOS FASE I GALICIA

PROCEDEMENTO PARA O DESENVOLVEMENTO DA REORDENACIÓN DE EFECTIVOS DAS OFICINAS DE XUSTIZA, OFICINAS XERAIS DO REXISTRO CIVIL E OFICINAS DE XUSTIZA DO MUNICIPIO DA FASE I (ENTRADA EN FUNCIONAMENTO O 1 DE XULLO)

REORDENACIÓN DO PERSOAL UNHA VEZ APROBADAS AS RPTs DA FASE 1

O proceso de reordenación da fase I seguirá a seguinte orde:

  1. Provisión de postos de traballo polo procedemento de CONFIRMACIÓN.
  2. Identificación de postos de traballo que non se cubriron na fase anterior, que serán provistos polo procedemento de REORDENACIÓN DE EFECTIVOS.
  3. Provisión dos postos de traballo que non se cubriron nas fases anteriores, que serán provistos por REASIGNACIÓN FORZOSA.

A obtención dun posto tras a resolución dunha fase exclúe a participación nas demais.

A adscrición a postos de traballo polos procedementos de confirmación, reordenación e reasignación forzosa considerarase realizada con carácter non voluntario.

  1. CONFIRMACIÓN NO POSTO: A Administración adxudicará de oficio os postos de traballo dos centros de destino cuxas funcións e competencias teñan carácter de continuidade na nova estrutura organizativa que se despregue se existe un número igual ou menor de funcionarios destinados en postos de orixe que poidan ser axustados en postos de traballo da correspondente unidade organizativa da nova estrutura. No caso de que o número de efectivos do persoal actual exceda das dotacións previstas nas relacións de postos de traballo da nova organización, terán preferencia para ser confirmados os funcionarios/as de cada colectivo con maior antigüidade no posto de similar contido.

Persoal dos xulgados de paz: será confirmado de oficio de forma automática

Persoal dos decanatos e dos xulgados de primeira instancia e instrución (agás o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa dos xulgados con competencia en Rexistro Civil): será confirmado de oficio de forma automática no servizo común de tramitación da localidade.

Persoal dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa dos xulgados con competencia en materia de Rexistro Civil: confirmarase nas oficinas xerais de rexistro civil de oficio de forma automática ao persoal que na actualidade este desempeñando esas funcións.  O resto do persoal do mesmo corpo será confirmado no servizo común de tramitación.

Para o caso de que que non poida ser confirmada ningunha persoa funcionaria seguirase o establecido nos seguintes apartados.

2. REORDENACIÓN DE EFECTIVOS Mediante a reordenación de efectivos cubriranse os postos que non se cubriron na fase anterior. En concreto, afectará aos postos de xestión e de tramitación procesual dos xulgados con competencia en materia de Rexistro Civil, cando non se poidan cubrir previamente mediante confirmación.

Ofertaranse os postos da oficina xeral do rexistro civil e do servizo común de tramitación correspondentes ao seu centro de destino, e no seu caso, decanato, que sexan vacantes, que se adxudicarán tendo en conta a maior antigüidade no centro de destino e en caso de empate a antigüidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón.

3. REASIGNACIÓN FORZOSA (postos non cubertos mediante confirmación nin reordenación) A reasignación forzosa farase tendo en conta a a menor antigüidade no centro de destino e en caso de empate a antigüidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón.

No proceso de reordenación manteranse as Comisións de  servizo, as Substitucións e os interinos. No caso de cobertura de posto de  outro funcionario, serán asignados ó mesmo posto asignado ó titular  da praza; no caso de prazas vacantes, ás  prazas non cubertas.

OPOSICIONES – Estabilización. Concurso de méritos – turno de discapacidad. se nombran los Tribunales calificadores delegados y se aprueba la relación definitiva de personas admitidas y excluidas con apertura de plazo para aportar documentación.

Orden PJC/496/2025, de 9 de mayo, por la que se nombran los Tribunales calificadores delegados y se aprueba la relación definitiva de personas admitidas y excluidas del proceso selectivo extraordinario para acceso, por el sistema general de acceso libre, por concurso, reservado a personas con discapacidad, a los Cuerpos de Gestión Procesal y Administrativa, Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial de la Administración de Justicia, convocados por Orden PJC/1357/2024, de 19 de noviembre.

Se aprueban las relaciones definitivas de personas admitidas y excluidas a las pruebas selectivas para el ingreso, por el sistema general de acceso libre, por el sistema de concurso de méritos reservado a personas con discapacidad, al Cuerpo de Gestión Procesal  Tramitación y Auxilio Judicial y publicar en el anexo I las relaciones definitivas de personas excluidas del proceso, con indicación, en el anexo IV, de las causas de exclusión.

Sigue leyendo →