Archivo diario: 15/05/2025

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA 14-5: SPJ-USO, STAJ,UGT, CSIF e CCOO ante a Terceira proposta do Proceso de Reordenación fase I, queren manifestar

spjinformaSPJ-USO, STAJ,UGT, CSIF e CCOO ante a Terceira proposta do Proceso de Reordenación fase I, queren manifestar:

Nota acoplamento fase 1-1

☑️ Que as cinco organizacións en unidade de acción presentaron unha batería de alegacións á proposta de reordenación o pasado venres 9 de maio.

☑️  Que en mesa sectorial celebrada o 14 de maio a Dirección Xeral non recolle ningunha delas, seguindo a optar polo criterio de obrigatoriedade, de forma discrecional e arbitraria.

☑️ Que nos ratificamos en cada unha das alegacións presentadas, xa que son perfectamente viables, compren os parámetros de legalidade esixibles e garanten os dereitos do persoal de xustiza en materia de mobilidade.

☑️ Que perante a nova proposta presentada, sen estar de acordo en ela, asumímola como mal menor, antes que a proposta anterior, sempre e cando se garanta o emprego público, sen que se produza ningún cesamento de persoal que menoscabe o servizo público da Xustiza, que precisará de todos os seus efectivos posibles para unha reforma de tal magnitude, e que non atente contra os dereitos ao mantemento do seu posto de traballo do persoal interino, en comisión de servizos ou substitución.

📢🔊A Dirección Xeral de Xustiza pretende un proceso de acoplamento obligatorio que atenta contra os dereitos dos traballadores.

🔴 As Organizacións sindicais que continuamos de forma responsable na unidade sindical demandamos nas nosas alegacións que prime a voluntariedade e o mantemento do emprego.

🔴 Ante a proposta da Dirección Xeral, SPJ USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO presentamos de forma unitaria, en aras a lograr maior forza,  as seguintes alegacións:

A instauración da Fase I, que afecta aos pobos e vilas galegos, deriva nunha estrutura totalmente nova, con oficinas de xustiza municipal, oficinas de rexistro civil e tribunais de instancia, cada un deles con cadansúa Relación de Postos de Traballo. Isto implica a reordenación de todo o persoal en centros de destino totalmente novos.

Entre as diferentes posibilidades a Dirección xeral prima a confirmacion obligatoria nos postos que se veñen desenvolvendo,  o que supón unha discriminación clara no persoal que desempeña o seu traballo nos Rexistros Civís, limitando a mobilidade.

Ante a proposta da Dirección Xeral, SPJ USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO presentamos de forma unitaria, en aras a lograr maior forza,  as seguintes alegacións:

☑️ No proceso debe primar a voluntariedade por encima de calquera outra  cuestión, por iso entendemos que o primeiro que se debe solucionar é a reordenacion das oficinas do RC.

Consideramos por tanto que se deben ofertar as dúas prazas de rexistro a Xestores e Tramitadores de todo o tribunal de instancia de cada localidade, dando un prazo de 5 días a todos os integrantes do persoal de ámbolos  corpos afectados para que soliciten as dúas prazas do rexistro civil primando:

En primeiro lugar, a experiencia adquirida en funcións de rexistro civil.

En segundo lugar, a antigüidade no centro de destino.

En terceiro lugar, antigüidade na administración de xustiza.

E en cuarto lugar o escalafón

Con esta proposta consideramos que se cumpren os principios básicos de igualdade, mérito e capacidade para todo o persoal de xustiza.

Ante esta proposta o Director Xeral négase a aceptar calquera posición que mude a obrigatoriedade, amparándose de forma absurda no coñecemento previo do Rexistro polas persoas que o ocupan actualmente, e no medo a un aluvión de recursos xudiciais, recursos que sen dúbida han chegar se seguen a conculcar os nosos dereitos, e apreciando como centro de destino o órgano en lugar de a localidade, limitando a mobilidade.

Como contraproposta ofertan a posibilidade de que o persoal que na actualidade ocupa un posto no xulgado con competencias en rexistro civil poida no proceso de reordenación optar a prazas vacantes do seu centro de destino, e no seu caso, o decanato.

Ante esta oferta as cinco organizacións sindicais amosamos o noso malestar por non acoller nin unha soa das alegacións presentadas por nós, e facer unha oferta chea de incertezas, que asumimos coma un mal menor e sempre e cando se manteña o emprego público, sen producirse ningún cesamento que vaia contra o servizo público e os dereitos dos traballadores.

En calquera caso se este é o rumbo que a Xunta de Galicia quere tomar en canto a implantación dos tribunais de instancia, vaticinamos un duro proceso nos que nos terán enfronte sempre que o autoritarismo e a merma de dereitos sexan os principios de actuación.

Accede á nota das OO.SS:

Nota acoplamento fase 1-1

 

ACORDO ECONÓMICO ASINADO POLOS SINDICATOS SPJ-USO, STAJ, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA, UGT, CSIF, CCOO

SPJ-USO, STAJ, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA, UGT, CSIF e CCOO ASINAMOS O ACORDO ECONÓMICO QUE SITÚA NOS PRIMEIROS POSTOS á comunidade autónoma galega

Acordo económico asinado polos sindicatos  SPJ-USO, STAJ, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA, UGT, CSIF e CCOO, para o período 2026/2028:

225 EUROS A PAGAR EN TRES ANUALIDADES:
1 DE XANEIRO 2026: 90 euros
1 DE XANEIRO 2027: 157,5 euros
1 DE XANEIRO 2028: 225 euros

Accede aó acordo firmado polas organizacións sindicais:

ACORDO OOSS LEI EFICIENCIA GALICIA_250515_114415