PROCEDEMENTO PARA O DESENVOLVEMENTO DA REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS DAS OFICINAS DE XUSTIZA, OFICINAS XERAIS DO REXISTRO CIVIL E OFICINAS DE XUSTIZA DO MUNICIPIO DA FASE I‼️

A DXX remítenos, tralas mesas de negociación, o texto definitivo respecto do proceso de reorganización do persoal afectado pola Fase I.

  • Infórmase que na próxima semana, está previsto comenzar a remitir os oficios coas confirmacións de postos.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
🔗 PROCEDEMENTO REORDENACIÓN DE EFECTIVOS FASE I GALICIA

PROCEDEMENTO PARA O DESENVOLVEMENTO DA REORDENACIÓN DE EFECTIVOS DAS OFICINAS DE XUSTIZA, OFICINAS XERAIS DO REXISTRO CIVIL E OFICINAS DE XUSTIZA DO MUNICIPIO DA FASE I (ENTRADA EN FUNCIONAMENTO O 1 DE XULLO)

REORDENACIÓN DO PERSOAL UNHA VEZ APROBADAS AS RPTs DA FASE 1

O proceso de reordenación da fase I seguirá a seguinte orde:

  1. Provisión de postos de traballo polo procedemento de CONFIRMACIÓN.
  2. Identificación de postos de traballo que non se cubriron na fase anterior, que serán provistos polo procedemento de REORDENACIÓN DE EFECTIVOS.
  3. Provisión dos postos de traballo que non se cubriron nas fases anteriores, que serán provistos por REASIGNACIÓN FORZOSA.

A obtención dun posto tras a resolución dunha fase exclúe a participación nas demais.

A adscrición a postos de traballo polos procedementos de confirmación, reordenación e reasignación forzosa considerarase realizada con carácter non voluntario.

  1. CONFIRMACIÓN NO POSTO: A Administración adxudicará de oficio os postos de traballo dos centros de destino cuxas funcións e competencias teñan carácter de continuidade na nova estrutura organizativa que se despregue se existe un número igual ou menor de funcionarios destinados en postos de orixe que poidan ser axustados en postos de traballo da correspondente unidade organizativa da nova estrutura. No caso de que o número de efectivos do persoal actual exceda das dotacións previstas nas relacións de postos de traballo da nova organización, terán preferencia para ser confirmados os funcionarios/as de cada colectivo con maior antigüidade no posto de similar contido.

Persoal dos xulgados de paz: será confirmado de oficio de forma automática

Persoal dos decanatos e dos xulgados de primeira instancia e instrución (agás o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa dos xulgados con competencia en Rexistro Civil): será confirmado de oficio de forma automática no servizo común de tramitación da localidade.

Persoal dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa dos xulgados con competencia en materia de Rexistro Civil: confirmarase nas oficinas xerais de rexistro civil de oficio de forma automática ao persoal que na actualidade este desempeñando esas funcións.  O resto do persoal do mesmo corpo será confirmado no servizo común de tramitación.

Para o caso de que que non poida ser confirmada ningunha persoa funcionaria seguirase o establecido nos seguintes apartados.

2. REORDENACIÓN DE EFECTIVOS Mediante a reordenación de efectivos cubriranse os postos que non se cubriron na fase anterior. En concreto, afectará aos postos de xestión e de tramitación procesual dos xulgados con competencia en materia de Rexistro Civil, cando non se poidan cubrir previamente mediante confirmación.

Ofertaranse os postos da oficina xeral do rexistro civil e do servizo común de tramitación correspondentes ao seu centro de destino, e no seu caso, decanato, que sexan vacantes, que se adxudicarán tendo en conta a maior antigüidade no centro de destino e en caso de empate a antigüidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón.

3. REASIGNACIÓN FORZOSA (postos non cubertos mediante confirmación nin reordenación) A reasignación forzosa farase tendo en conta a a menor antigüidade no centro de destino e en caso de empate a antigüidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón.

No proceso de reordenación manteranse as Comisións de  servizo, as Substitucións e os interinos. No caso de cobertura de posto de  outro funcionario, serán asignados ó mesmo posto asignado ó titular  da praza; no caso de prazas vacantes, ás  prazas non cubertas.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.