Archivo mensual: junio 2025

TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA 2024- PUBLICADAS PLANTILLAS PROVISIONAIS

Instrucción para la coordinación de la actividad de la Oficina judicial con los órganos judiciales.

EN EL BOE DEL SÁBADO 28 DE JUNIO SE HA PUBLICADO:

Instrucción 1/2025, de 27 de junio, de la Secretaría General de la
Administración de Justicia, para la coordinación de la actividad de la Oficina
judicial con los órganos judiciales.

ACCEDE  AL CONTENIDO INTEGRO DE LA  INSTRUCCIÓN:

Instrucción 1-2025, de 27 de junio de la Secretaría General de la Administración de Justicia, para la coordinación de la actividad de la Oficina judicial con los órganos judiciales 

https://www.boe.es/boe/dias/2025/06/28/pdfs/BOE-A-2025-13195.pdf

RECIBIDA A NÓMINA DE XUÑO – PAGA EXTRA

 Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes.

🔴 Lembrade que a paga extra componse de:
☑️ DOBLE SOLDO, DOBLES TRIENIOS, MAIS OS SEGUINTES COMPLEMENTOS:
▪️ COMPLEMENTO DE DESTINO OU «CONTIA ADICIONAL»
▪️ COMPLEMENTO ESPECÍFICO (Adicional Art. 12.3 Lei 14/06) ou PAGA ADICIONAL COMPLEMENTARIA.

👉 Podedes consultar as cantidades destes complementos para cada corpo nos enlaces seguintes ou na imaxe adxunta ⤵️⤵️

👉 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente. ⤵️

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – 2024 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES 2024 ⤵️ 
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-FORENSES-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas 2024 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/ORDE-do-11-de-xullo-de-2024-pola-que-se-ditan-as-instrucions-sobre-a-confeccion-de-nominas-1.pdf

▪️ Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

 

MESA SECTORIAL XUSTIZA DE 26-6-25

accede ó contenido íntegro da nota informativa da reunión celebrada onte

CIRCULAR MESA SECTORIAL 26-6-25

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE 26-6-25

REMATADA A “IMPOSICIÓN” DAS RPT DA FASE 3 (CIDADES) E DOS PROCESOS DE REORGANIZACIÓN DO PERSOAL

As présas e improvisación, as carencias materiais, unha lei nefasta e un pésimo e improcedente acordo firmado por 4 sindicatos a nivel nacional (STAJ, CSIF, UGT e o autonómico CIGA) provocarán un preocupante retroceso no servizo público e nos DEREITOS LABORAIS dos empregados públicos.

Desde SPJ-USO, non podemos deixar de denunciar que a posta en marcha do novo modelo xa evidencia, antes de arrincar, unha implementación precipitada, sen os medios técnicos, humanos nin orzamentarios mínimos para asegurar un funcionamento digno e eficaz.

Igualmente non podemos deixar de denunciar a pasividade, cando non complicidade, das  comunidades autónomas con competencias transferidas á vista do desastre que está por vir.

O retroceso nos dereitos laborais do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, devolvénos a dinámicas propias do século pasado nas que a mobilidade se perpetraba de maneira arbitraria e as competencias da superioridade delegábanse a custo cero.

ÚLTIMAS NOVIDADES DOS PROCESOS DE ACOPLAMENTO E ÚLTIMAS MODIFICACIÓNS DAS RPT DAS 7 CIDADES.

NOVIDADE IMPORTANTE DESTACABLE:  A DXX confirma, a pregunta de SPJ-USO QUE, trala publicación no BOE de 25 de xuño do “Real Decreto 530/2025, de 24 de junio, por el que se adoptan las disposiciones organizativas y estatutarias del personal de la Administración de Justicia necesarias para implementar en las Oficinas judiciales y en las Oficinas de Justicia en los municipios el modelo de organización judicial establecido por la Ley Orgánica 1/2025, de 2 de enero, de medidas en materia de eficiencia del Servicio Público de Justicia”, no mesmo establécese:que “Salvo voluntad expresa de la persona afectada por la confirmación no se le podrá encomendar, en el destino adjudicado, tareas sobre materias que fueren propias de órganos judiciales de diferente clase a aquel en que estuviere destinado antes del acoplamiento. Esta limitación no se aplicará a quienes voluntariamente participen en un posterior concurso de traslado”. En consecuencia, a pesar da perda de dereitos que supón a futura mobilidade, a tódolos compañeiros que, para ben ou para mal, confirmen no seu posto na fase de confirmación (non así na fase de reordenación nin na reasignación forzosa) non se lle poderán asignar tareas de diferente orde xurisdiccional ata que cambien de destino en Concurso de Traslados.

INCRIBLE:  Os 4 sindicatos firmantes en Madrid do acordo nacional, expoñen nesta última mesa que “pensaron que firmaban a creación de equipos cando na Área houbese mais de 50 funcionarios; pois ben, o que firmaron realmente é que os equipos funcionais, se teñen mais de 50 efectivos deben ser ESTRUCTURAIS e reflectirse expresamente nas RPT”….. a nosa loita de creación de equipos era unha loita difícil como xa explicamos con este acordo que apoia á Administración nesta desfeita.

PROCESO DE  ACOPLAMENTO (COMEZO EN SETEMBRO).

Como ben sabedes o proceso de acoplamento seguirá a seguinte orde: CONVOCATORIA DE LIBRE DESIGNACIÓN, CONVOCATORIA DE CONCURSO ESPECÍFICO, FASE DE CONFIRMACIÓNS (preferencia pola maior antiguidade NO POSTO), REORDENACIÓN DE EFECTIVOS (preferencia pola maior antiguidade no CENTRO DE DESTINO) E POR ÚLTIMO REASIGNACIÓNS FORZOSAS (menor antiguidade no CENTRO DE DESTINO).

NOVIDADE IMPORTANTE: Tras acceder a DXX, A SOLICITUDE únicamente DE SPJ-USO, a que na fase de confirmación, a fin de evitar que poidan confirmarse tódolos funcionarios dunha orde xurisdiccional dentro dunha área e ningún de outro orde, a administración establecerá a porcentaxe correspondente segundo a distribución actual (exemplo da área civil: contencioso-administrativo, social, instancia, familia, mercantiil….), e confirmará en idéntica proporción na área que corresponda.

O persoal do corpo de auxilio confirmarase no Servizo común xeral..

Pois ben, nesta nova reunión, e tamén a solicitude de SPJ-USO, a DXX accede a algo tan coherente como que os FUNCIONARIOS QUE TRAMITAN E EXECUTAN na xurisdición civil, social, contencioso administrativo e penal (LEVAN MATERIA POR NÚMEROS)  daráselle a opción de confirmar ou ben no servizo de tramitación ou ben no servizo de execución.

Persoal destinado no Servizo de Apoio:  Tras “idas e voltas” da DXX con este persoal, non será obxecto de confirmación. O persoal que na actualidade ocupe prazas destes servizos comúns de apoio irán directamente ao proceso de reordenación de efectivos. Respecto das retribucións complementarios por este servizo, manteranse na “mochila”.

Persoal dos xulgados de instrución con competencias en VSM que pasan a ser xulgados exclusivos (Santiago e Ourense). A este persoal  daráselle como opción confirmar na praza identificada na RPT con VSM ou ben na identificada con GA.

Aos efectos de computar a antigüidade (tanto no posto como no centro de destino), tomarase como referencia a data da adxudicación do posto por concurso ou o nomeamento como funcionario, e finalmente non se computará a estes efectos o tempo prestado en comisión de servizos ou substitución nin outra antigüidade nun corpo distinto nin como interino.

RPT DO REXISTRO CIVIL DE PONTEVEDRA: A solicitude de SPJ-USO, igual que se aumentou xa anteriormente a plantilla do RC de FERROL e LUGO, auméntase tamén a plantilla do REXISTRO CIVIL DE PONTEVEDRA que pasas a 2 xestores – 3 tramitadores – 1 auxilio.

MANTENSE, coa nosa oposición, O RECORTE NAS PLANTILLAS DOS SERVIZOS COMÚNS DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS DENTRO DO SERVIZO COMÚN XERAL.

Créanse (a solicitude de SPJ-USO) 4 novas prazas (que non están na plantilla actual) de Tramitación, nas ciudades de Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense (1 en cada cidade) con código rpt de Violencia SM. Insuficientes para SPJ-USO.

POSTOS DE LIBRE DESIGNACIÓN E CONCURSO ESPECÍFICO: A pesar da oposición sindical, a DXX mantén os postos de LD e Concurso Específico e infórmanos que ós Xefes de Área e equipo na última versión das rpt se lle subirá o Complemento Específico.

EQUIPOS DE FAMILIA: Como vos temos informado, creáronse equipos de familia en Vigo e A Coruña únicamente, e finalmente ámbos con unha plantilla de 9 xestores e 9 tramitadores (igualáronse a solicitude de SPJ-USO). En todo caso, entendemos que a plantilla segue a ser INSUFICIENTE.

SERVIZOS COMÚNS DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS: A pesar da oposición de SPJ-USO, e co apoio expreso e sorprendente na mesa de Staj, redúcese a plantilla da área de actos de comunicación do Servizo Común Xeral en tódalas cidades, excepto Santiago, que se mantén.

COMPLEMENTOS DE VSM DE SANTIAGO E OURENSE: Coa comarcalización dos ditos Xulgados, o Complemento destes iguálase cos das cidades de A Coruña e Vigo, e pasa de 86,47 euros a 115,26 euros. SPJ-USO urxe a negociación dun novo acordo de VSM e actualización dos complementos.

FISCALÍAS DE SANTIAGO E OURENSE: Con motivo da creación de unha nova praza de fiscal nas mesmas, modificaráse próximamente a rpt para crear tamén unha praza de ctpa en cada unha das ditas fiscalías.

SPJ-USO PRESENTOU QUEIXA FORMAL CONTRA O PROCEDER DA DXX OFERTANDO PRAZAS VACANTES (QUE DEBEN SAIR A COMISIÓN DE SERVIZO) DIRECTAMENTE A PERSOAL INTERINO COA EXCUSA DA “URXENCIA”.

REGULAMENTO DO IMELGA:  A DXX infórmanos do inicio do expediente. SPJ-USO PRESENTA FORMALMENTE A SUA OPOSICIÓN MOTIVADA EN  MESA (único sindicato que o fixo) e próximamente presentará por escrito alegacións, tal como informamos á DXX.

📢🔊 IMPORTANTE SUBSTITUCIÓNS. FORMA DE PRESENTAR AS SOLICITUDES DE MANERA TEMPORAL

IMPORTANTE

 

📢🔊 IMPORTANTE SUBSTITUCIÓNS:

FORMA DE PRESENTAR AS SOLICITUDES DE MANERA TEMPORAL

Temporalmente non estará dispoñible a opción de solicitude a través da OPAX, polo tanto as solicitudes conforme ao Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (27 e 30 de xuño e 1 de Xullo).

DESCARGA O MODELO DE SOLICITUDE: 

Anexo bis II Solicitude de SUBSTITUCIÓNS (1)