Archivo mensual: abril 2025

CHAMAMENTOS INTERINOS- 7 DE MAYO DE 2025

A Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino para que presten servizos nos seguintes órganos, que relacionamos por provincias:

CORUÑA

DECANATO SERVICIO DE NOT. E EMBARGOS        CTPA           IT

XDO. MIXTO    Nº 2 DE BETANZOS                              CTPA           IT

XDO. DO PENAL Nº 5 DE A CORUÑA                            CAX          VACANTE

PONTEVEDRA

XDO. 1ª INTANCIA Nº 12 DE VIGO                    CTPA                    SUBSTITUCIÓN

NOTA INFORMATIVA DE RENUNCIAS – Auxilio Xudicial, acceso libre, estabilización, concurso de méritos, Orde JUS/1288/2022‼️

📢🔊 NOTA INFORMATIVA DE RENUNCIAS – Auxilio Xudicial, acceso libre, estabilización, concurso de méritos, Orde JUS/1288/2022‼️

ℹ️➡️ 30 de abril de 2025 – Publicada na web do Ministerio de Xustiza NOTA INFORMATIVA DE RENUNCIAS.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
🔗Auxilio Judicial, acceso libre, estabilización, concurso, Orden JUS/1288/2022, de 22 de diciembre (BOE de 27 de diciembre)

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

CONVOCADA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE GALICIA O 5/5/2025

CONVOCATORIA  MESA SECTORIAL XUSTIZA GALICIA PARA O 05/05/2025.

ℹ️➡️ Vimos de recibir ✉ correo electrónico da DXX convocándonos para o próximo 5 de maio coa seguinte ORDE DO DÍA:: 👇👇

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Proposta de Acordo para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
  3. Negociación do proceso de REORDENACIÓN DE EFECTIVOS da PRIMEIRA FASE.

Proposta_PROCESO REORDENACIÓN FASE I_para negociación

  1. Rogos e preguntas.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados

 

📢🔊 ÚLTIMA HORA 📆 29/04/2025 ➖ RECIBIDA A NÓMINA 🪙 DE ABRIL‼

Xa está dispoñible no voso correo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes.

 

👉 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente.

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO:

🔗https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES:

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-FORENSES-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas:
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/ORDE-do-11-de-xullo-de-2024-pola-que-se-ditan-as-instrucions-sobre-a-confeccion-de-nominas-1.pdf

Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

O CXPX ACORDA A SUSPENSIÓN DOS PRAZOS PROCESUAIS EN ESPAÑA DURANTE OS DIAS 28 E 29 DE ABRIL

spjinforma

O CXPX acorda a suspensión dos prazos procesuais en toda España durante os días 28 e 29 de abril.

ℹ️➡️ A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial, por razóns de forza maior, á vista do apagamento eléctrico sufrido onte en España e como continuación ao acordo tomado na noite de onte, acordou o seguinte:

🔴PRIMEIRO.- Suspender durante os días 28 e 29 de abril de 2025 os prazos previstos nas leis procesuais nos órganos xudiciais de toda España. Esta suspensión non impedirá a válida realización de actos procesuais urxentes e inaprazables ou para a tutela de dereitos fundamentais, ou aqueles que poidan celebrarse con plenitude de garantías.

🔴SEGUNDO. Cada órgano xurisdicional valorará, en función das circunstancias concretas, a conveniencia de suspender vistas e actos procesuais sinalados para o día de hoxe. A inasistencia de avogados, partes ou persoas obrigadas a comparecer presumirase xustificada.

🔴TERCEIRO.- Sen prexuízo do seguimento que se realizará ao longo do día de hoxe, a Comisión Permanente reunirase novamente para valorar a conveniencia de prorrogar estas medidas ou acordar outras en función das circunstancias.

🔴CUARTO.- O presente acordo adóptase pola Comisión Permanente por razóns de urxencia, do cal se dará oportuna conta ao Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial para a súa posterior ratificación na primeira sesión que este celebre, iso a tenor do disposto no artigo 57 do Regulamento 1/1986, de Organización e Funcionamento do Consello Xeral do Poder Xudicial.