Archivo mensual: abril 2025

CHAMAMENTOS INTERINOS- 23.4.2025

 

A Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino para que presten servizos nos seguintes órganos, que relacionamos por provincias:

CORUÑA

PENAL 1  FERROL………………………….AUXILIO………………….SUBSTITUCIÓN

XDO. 1ª INST. Nº 16  CORUÑA……….AUXILIO……………………L.E

XDO. INSTRUCCIÓN 3 CORUÑA……AUXILIO……………………SUBSTITUCIÓN

PONTEVEDRA

MIXTO 1 CANGAS………………………..TRAMITACIÓN………………L.E.

MIXTO 1 VILLAGARCIA ……………..AUXILIO…………………………L.E.

MIXTO 2 VILLAGARCIA………………AUXILIO………………………..BAIXA

REUNIÓN MESA SECTORIAL.- 23.4.2025

DESCARGA EL DOCUMENTO.-  NOTA INFORMATIVA 23.4.25

ACCIÓN SOCIAL 2025: XUNTANZA COA DXX (23-04-2025)

ACCIÓN SOCIAL 2025
XUNTAZA COA DXX

 

Hoxe 23 de abril de 2025, mantivemos reunión ca Dirección Xeral de Xustiza, na cal se nos presentou o borrador da Acción Social, sendo unha copia calcada o dos de anos anteriores, remontándonos ó ano 2011 !!

Dende SPJ-USO, mostramos o noso rexeitamento ó borrador, INSTANDO A DXX A SÚA RETIRADA e que se recollan e inclúan nun novo  as alegacións feitas por este sindicato na reunión de hoxe, como son:

A REPOSICIÓN DOS PROGRAMAS EXISTENTES ANTES DO ANO 2021, É DICIR:

1º AXUDA POR FILLOS

2º AXUDA DE ESTUDOS DE FUNCIONARIOS E FILLOS

3º A INCLUSIÓN DE ENFERMEDADES CRÓNICAS COMO PODEN SER A ENFERMIDADE DE  KRON, etc…

4º E POR SUPOSTO MANTENDO O ÚNICO PROGRAMA QUE HAI NA ACTUALIDADE, O DE DISCAPACIDADE.

E todo isto chegando o 1% da masa salarial, e non aportando a ridícula cantidade de 21.911 euros, nun colectivo de máis de 2.500 funcionarios, cando no ano 2011 sobrepasou os 200.000 euros.

Somos das poucas CCAA que seguimos cunha acción social de vergoña cun único programa e coa misma cantidade desde fai mas de 10 anos.

Dende SPJ-USO, seguiremos apostando por asistir a tódalas mesas de negociación en aras de seguir intentando mellorar as condicións de traballo tanto laborais como económicas, e non como fan outros sindicatos ca non presencia dos mesmos nas reunións.

A vista das alegacións presentadas por parte das Organizacións Sindicais, concretarase a data da publicación no doga.

Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña un ano mais os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, enfermidade de Kron,  etc…..

Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe de masa salarial destinada a este fin.

 POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA XA!!!

CELGA- Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de marzo de 2025 (código de procedemento PL500C).

 Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

10 de maio de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P e Q.

11 de maio de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E. Sigue leyendo →

COMDIX: PUBLICADA NO DOGA A RESOLUCIÓN POLA QUE SE CONVOCA UN CURSO PARA AS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO MARCO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX)

COMDIX: PUBLICADA NO DOGA A RESOLUCIÓN POLA QUE SE CONVOCA un curso para A obtención DA CERTIFICACIÓN GALEGA EN COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX), NO SEU NIVEL DE INICIACIÓN, NA MODALIDADE DE TELEFORMACIÓN TITORIZADA.

1. Número de prazas: 300.

2. Duración: 250 horas lectivas.

3. Modalidade: teleformación titorizada con aproveitamento activo e avaliación continua, a través da plataforma de teleformación da rede CeMIT.

4. Datas de realización: desde o 26 de maio ata 28 de decembro de 2025, como máximo.

5.-Solicitudes de participación

1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o cal é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

AMPLIA INFORMACIÓN NO DOGA

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250423/AnuncioG0177-110425-0001_gl.html