Archivo diario: 02/04/2025

CHAMAMENTOS DE INTERINOS GALICIA 02/04/2025

interinosA Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino para que presten servizos nos seguintes órganos, que relacionamos por provincias:

A CORUÑA

  • Xulgado do Penal Nº2 de Santiago de Compostela – CXPA – Reforzo.
  • Xulagado do Penal Nº2 de Ferrol – CTPA – Substitución.
  • Fiscalía Provincial de A Coruña – CAX – Licenza Enfermidade.
  • Xulgado de Penal Nº1 de Santiago de Compostela – CAX – Licenza Enfermidade.
  • Xulgado de Prim. Inst. e Instruc Nº3 de Ribeira – CAX – Vacante.

PONTEVEDRA

  • Audiencia Prov. Sec. 5ª de Pontevedra (Sede Vigo) – CXPA – Vacante.

COMISIÓNS DE SERVIZOS GALICIA  02-04-2025  PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA

COMISIÓN DE SERVIZOCOMISIÓNS DE SERVIZOS GALICIA  02-04-2025  PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA

ℹ️➡️  Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza convocados o 19-03-2025.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.
👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de
servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.
🔴 Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

COMUNICADO CONXUNTO DOS SETE SINDICATOS – MESA SECTORIAL 01-04-2025

PUBLICADA NO DOG, A OFERTA DUN POSTO DE SECRETARIO/A FISCAL XEFE PROVINCIAL DE OURENSE POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN

No DOG do día de hoxe publícase ORDE do 24 de marzo de 2025 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de secretario/a fiscal xefe provincial.

Accede á resolución publicada no DOG

  • As solicitudes, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse á Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Prazo para presentar as solicitudes 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
  • No Anexo I, da Orde, recóllese o seguinte:

    Denominación do posto: Secretario/a fiscal xefe provincial.

    Código: PR.C99.10.006.32001.003.

    Corpo ou escala: A1 (xeral)/TPA (tramitador procesual e administrativo).

    Grupo/subgrupo: C1, C2.

    Nivel: 20.

    Tipo de adscrición: A13: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e Administración de xustiza.

    Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

    Centro directivo ou dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior (Ourense).

    Localidade: Ourense.