Archivo diario: 29/04/2025

CONVOCADA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE GALICIA O 5/5/2025

CONVOCATORIA  MESA SECTORIAL XUSTIZA GALICIA PARA O 05/05/2025.

ℹ️➡️ Vimos de recibir ✉ correo electrónico da DXX convocándonos para o próximo 5 de maio coa seguinte ORDE DO DÍA:: 👇👇

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Proposta de Acordo para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
  3. Negociación do proceso de REORDENACIÓN DE EFECTIVOS da PRIMEIRA FASE.

Proposta_PROCESO REORDENACIÓN FASE I_para negociación

  1. Rogos e preguntas.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados

 

📢🔊 ÚLTIMA HORA 📆 29/04/2025 ➖ RECIBIDA A NÓMINA 🪙 DE ABRIL‼

Xa está dispoñible no voso correo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes.

 

👉 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente.

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO:

🔗https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES:

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-FORENSES-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas:
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/ORDE-do-11-de-xullo-de-2024-pola-que-se-ditan-as-instrucions-sobre-a-confeccion-de-nominas-1.pdf

Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

O CXPX ACORDA A SUSPENSIÓN DOS PRAZOS PROCESUAIS EN ESPAÑA DURANTE OS DIAS 28 E 29 DE ABRIL

spjinforma

O CXPX acorda a suspensión dos prazos procesuais en toda España durante os días 28 e 29 de abril.

ℹ️➡️ A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial, por razóns de forza maior, á vista do apagamento eléctrico sufrido onte en España e como continuación ao acordo tomado na noite de onte, acordou o seguinte:

🔴PRIMEIRO.- Suspender durante os días 28 e 29 de abril de 2025 os prazos previstos nas leis procesuais nos órganos xudiciais de toda España. Esta suspensión non impedirá a válida realización de actos procesuais urxentes e inaprazables ou para a tutela de dereitos fundamentais, ou aqueles que poidan celebrarse con plenitude de garantías.

🔴SEGUNDO. Cada órgano xurisdicional valorará, en función das circunstancias concretas, a conveniencia de suspender vistas e actos procesuais sinalados para o día de hoxe. A inasistencia de avogados, partes ou persoas obrigadas a comparecer presumirase xustificada.

🔴TERCEIRO.- Sen prexuízo do seguimento que se realizará ao longo do día de hoxe, a Comisión Permanente reunirase novamente para valorar a conveniencia de prorrogar estas medidas ou acordar outras en función das circunstancias.

🔴CUARTO.- O presente acordo adóptase pola Comisión Permanente por razóns de urxencia, do cal se dará oportuna conta ao Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial para a súa posterior ratificación na primeira sesión que este celebre, iso a tenor do disposto no artigo 57 do Regulamento 1/1986, de Organización e Funcionamento do Consello Xeral do Poder Xudicial.

IMPORTANTE – XESTIÓN DE INCIDENCIAS, PERMISO CORRESPONDENTE POR FILLOS MENORES TRALO APAGÓN e NOMEAMENTOS DE INTERINOS

spjinformaℹ️➡️ Tras a volta da electricidade, SPJ-USO contacto coa Dirección Xeral de Xustiza que nos informa do seguinte:

🔴 NON se deben facer incidencias horarias polo acontecido o día 28 de abril, luns, pois vaise facer «de oficio».

🔴 Respecto da solicitude de permiso polo día de hoxe martes 29/4 por non haber colexio para os menores, infórmannos que se debe solicitar no día de mañá o correspondente «PERMISO POR DEBER INEXCUSABLE» a través da OPAX, no seu caso.

🔴 Respecto dos NOMEAMENTOS DE INTERINOS que debían producirse onte luns, infórmannos que xa contactaron cos nomeados para a correspondente toma de posesión.

▪️ SPJ-USO: sempre ben informados‼️

TRIBUNAIS DE INSTANCIA – PUBLICADAS NO BOE AS RPT DOS LETRADOS NA CCAA DE GALICIA

📢🔊 TRIBUNAIS DE INSTANCIA – NOVA OFICINA XUDICIAL – PUBLICADAS NO BOE AS RPT DOS LETRADOS NA CCAA DE GALICIA‼️

 

ℹ️➡️ Resolución do 25 de abril de 2025, da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, pola que se aproban as relacións de postos de traballo do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza das oficinas xudiciais dos partidos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia en que se constituirán os Tribunais de Instancia o 1 de xullo de 2025.
🔗 Disposición 8555 del BOE núm. 103 de 2025

🔴 Acórdase «Aprobar as relacións de postos de traballo do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza das oficinas xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia que se conteñen no anexo que se poderán consultar na ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/es/servicio-justicia/proyectos-transformacion/oficinajudicial/estructura (páxina web do ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes).

👉 A partir da entrada en vigor desta resolución realizaranse os procesos de axuste nos novos postos de traballo.

As oficinas xudiciais incluídas nesta resolución entrarán en funcionamento ou adaptarán a súa actual estrutura ás relacións de postos de traballo do anexo I o día 1 de xullo de 2025.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
🔗 Disposición 8555 del BOE núm. 103 de 2025