Archivo diario: 04/04/2025

IMPORTANTE: PROPOSTA DE RPT DAS OFICINAS DE XUSTIZA DA FASE 1, DAS OFICINAS DO REXISTRO CIVIL DA FASE 1 E DAS OFICINAS DE XUSTIZA NO MUNICIPIO. SPJ-USO FARÁ AS OPORTUNAS ALEGACIÓNS!!!

spjinformaVimos de recibir da Dirección Xeral de Xustiza, entre outros, a documentación para alegacións que a continuación se relaciona:

  1. Proposta de RPT para tramitación das seguintes unidades:
  • Oficina de xustiza no municipio (o posto de auxilio non compatibiliza coa Oficina Xudicial).

250403_Proposta RPT OFICINA DE XUSTIZA NO MUNICIPIO 

  • Oficina xeral do rexistro civil. Fase I (os auxilios pasan a formar parte da Oficina Xudicial, e  o resto do persoal da OXRC compatibiliza funcións coa OX)

250403_Proposta RPT Oficina Xeral Rexistro Civil Primeira Fase

  • Oficina de xustiza dos pobos. Fase I (non se identifican postos singularizados como solicitaban algunhas organizacións sindicais)

250403_Proposta RPT OFICINA XUSTIZA. FASE I

Dende SPJ-USO, como sindicato maioritario, manterémosvos puntualmente informados do avance da negociación das RPTs e faremos as alegacións correspondentes das que se vos dará oportuno traslado, e intentaremos que a Lei de Eficiencia e o acordo firmado a nivel nacional, dentro da perda de dereitos que en sí supón, implique o menor perxuizo posible para os funcionarios da administración de Xustiza Galega.

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES ➖ 📆 4-4-2025‼

SUBSTITUCIÓNSℹ➡ Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:0d0aa341-79b2-4622-b3fb-065e6ff20dc0

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3️⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (7, 8 e 9 de abril).

🔴 Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

👉 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

👉 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións: https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

▪ Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS. ⤵⤵
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:0d0aa341-79b2-4622-b3fb-065e6ff20dc0

 

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

Oposiciones. LAJ turno libre. Publicadas notas de personas convocadas el 3 de abril y fecha del tercer examen

Se han publicado en la web del Ministerio de Justicia las notas de los últimos exámenes orales realizados:

NOTAS DEL 3 DE ABRIL.

Además se informa que la fecha prevista para la realización del tercer ejercicio ​es el día 6 de junio. Esta​​ será confirmada una vez finalice el examen oral, indicando asimismo la hora y ​el lugar de ​​realización.​

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

NOVA ENTRADA DE DICIREG EN PARTIDOS XUDICIAIS DE GALIZA.

spjinformaO Ministerio de Xustiza ven de comunicarnos que xa foron asinadas as Resolucións da Dirección de Seguridade Xurídica e Fe Pública, que dispoñen o despregamento de DICIREG na Oficina Xeral e oficinas colaboradoras dos seguintes partidos xudiciais:

OG de Sarria e as súas oficinas colaboradoras para o 05/05/2025
OG de 0rtigueira e as súas oficinas colaboradoras para o 12/05/2025
OG de Xinzo de Limia e as súas oficinas colaboradoras para o 19/05/2025
OG de Celanova e as suas oficinas colaboradoras para o 26/05/2025
OG de Ribadavia e as súas oficinas colaboradoras para o 02/06/2025

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!