Archivo diario: 29/12/2023

SPJ-USO DESEXACHE FELICES FESTAS!!

Dende SPJ USO seguiremos a traballar por todos vos, por uns dereitos de calidade. Porque contigo somos MAIS FORTES. Desexámosvos un 2024 cheo de saúde, prosperidade, amor e ledicia!!!🥂

VIDEO DE NAVIDAD

VIDEO ANINOVO

 

FEITOS, NON PALABRAS!. BO NADAL E FELIZ 2024!!! 💫⭐

 

MUGEJU: AXUDAS PROGRAMA PLAN DE ATENCIÓN SOCIO-SANITARIA PARA 2024

Resolución do 21 de decembro de 2023, da Mutualidade Xeral Xudicial, pola que se convocan axudas dos Programas do Plan de Atención Socio Sanitaria para 2024.

🔴 Programas e modalidades de axudas

1.1 Os programas obxecto da presente convocatoria son os seguintes:

a) Programa de atención a persoas maiores.

b) Programa de atención a persoas con discapacidade.

c) Programas de atención a persoas drogodependentes.

d) Axudas derivadas da achega económica en determinados produtos
ortoprotésicos.

Sigue leyendo

Oposicións Forenses estabilización concurso: publicada nota informativa sobre a fase de méritos

Publicado na páxina web do Ministerio de Xustiza o Acordo do 28 de decembro do 2023 do tribunal cualificador único do proceso selectivo do ingreso, polo sistema xeral de aceso libre, polo sistema selectivo do concurso, no corpo especial de médicos forenses (Orde JUS/1325/2022, do 28 de decembro).

PRIMEIRO: Informar aos opositores, que este Tribunal avisará do momento en que se abra o prazo de presentación da documentación acreditativa dos méritos para valorar na fase de concurso do presente proceso selectivo, de acordo coa base 6.2 da convocatoria, asi como tamén da forma de presentación da devandita documentación.

SEGUNDO. – Non se admitirá ningunha documentación que se presente fóra dos prazos establecidos e da forma de presentación indicada.

TERCEIRO. – Unha vez aberto o prazo, os aspirantes dispoñerán de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente acordo, para a presentación da devandita documentación.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

CUERPO DE AUXILIO JUDICIAL DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA (mjusticia.gob.es)