Archivo diario: 14/12/2023

RESOLUCIÓN DA DXX SOBRE AMPLIACIÓN DO PRAZO DE DESFRUTE DE DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES E VACACIÓNS ATA O DÍA 29 DE FEBREIRO DE 2024

 

📢🔊 RESOLUCIÓN DA DXX SOBRE AMPLIACIÓN DO PRAZO DE DESFRUTE DE DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES E VACACIÓNS ATA O DÍA 29 DE FEBREIRO DE 2024 A SOLICITUDE DE SPJ-USO‼️

ℹ️➡️ Achegamos Resolución da Dirección Xeral de Xustiza sobre o goce das vacacións e permisos ata o 29/2/24 (Resolución do 14 de decembro de 2023 a Dirección Xeral de Xustiza sobre o goce das vacacións e permisos por asuntos particulares correspondentes ao ano 2023 do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia)

🔴 ACORDO: – Ampliar o período de goce ata o 29 de febreiro de 2024 das vacacións e días de permiso por asuntos particulares correspondentes ao ano 2023 para o persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:8a581c23-e10a-4974-88e5-eb763255fd97

SUBSTITUCIÓNS: NOVAS PRAZAS OFERTADAS 14/12/2023

SUBSTITUCIÓNSPublicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería.

  

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (15,18 y 19 de decembro).

🔴 MODELO DE SOLICITUDE: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

👉 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

👉 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións: https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴 POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular ⤵⤵:

Novas substitucións 14/12/2023

 

 

13/12/2023 MESA SECTORIAL DE XUSTIZA: CONSTITUCIÓN PARA OS VINDEIROS 4 ANOS

No día de hoxe constituíse a nova mesa sectorial xurdida das últimas eleccións sindicais no que vos lembramos SPJ-USO continua a ser a forza sindical maioritaria na Xustiza Galega con 3 representantes na nova mesa sectorial.

 SPJ-USO Galicia  reitera a DXX unha serie de peticións que levamos propoñendo con forza nos últimos meses co obxectivo de defender os dereitos  dos traballador@s da Xustiza en Galicia. Aquí vos deixamos un resumo das principais propostas que fixemos na reunión de hoxe :

1.- APERTURA URXENTE DO GRAO EXTRAORDINARIO 1 E 2 PARA O PERSONAL QUE NON PUIDO ACCEDER NO SEU MOMENTO             

En primeiro  lugar SPJ-USO Galicia  esixiulle á DXX unha solución inmediata para os traballador@s que se atopan fóra do grao correspondente de carreira profesional segundo o acordo asinado o 28/10/22. No punto quinto do acordo en relación ao sistema ordinario de recoñecemento da traxectoria profesional establécese: No prazo de seis meses desde a sinatura deste acordo, a Administración proporalle á Comisión de Seguimento o desenvolvemento regulamentario do sistema ordinario de recoñecemento dá traxectoria profesional, para posteriormente ser negociado na Mesa Sectorial de Xustiza.

Sigue leyendo