Ante a confusión xerada e as múltiples consultas efectuadas, informamos:
- Os funcionarios que estén de garda de permanencia teñen dereito ó día de “libranza” de garda sen dúbida, como outra garda calquera.
- Tódolos funcionarios temos en 2023 DOUS días a maiores de asúntos particulares por coincidir en domingo o día 24 e 31, días que xa están computados na OPAX.
- Os funcionarios que esten de garda de permanencia ou dispoñíbilidade os días 24 ou 31 de decembro NON terán dereito a día algún a maiores, por coincidir en domingo.
A normativa ó respecto, artigo 18 punto 3 da Orde de Horario e Calendario laboral de 2014, así como o artigo 3 punto e apartado 2 da Orde de permisos e licencias de 2009 establecen que “OS FUNCIONARIOS QUE ESTÉN DE GARDA OS DÍAS 24 OU 31 DE DECEMBRO, A NON SER QUE COINCIDAN EN SÁBADO OU DOMINGO, TERÁN UN DÍA MAIS DE ASUNTOS PARTICULARES”, polo que a garda de 24 e 31 en 2022 non xera dereito a día algún a maiores.
📣 SPJ-USO solicitou por escrito, e reiterará na negociación que se prevé para xaneiro de 2024 sobre permisos e licencias, que os funcionarios de garda (tanto de permanencia como de dispoñibilidade) teñan sempre dereito a un día mais de asuntos particulares, incluso cando 0 24 e 31 coincidan en sábado ou domingo por «ser de xustiza».
Para calquera dúbida ou aclaración consulta co teu delegado sindical de SPJ-USO.