Archivo diario: 28/06/2023

ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN 0 22/06/2023

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de SUBSTITUCIÓNS, ofertadas o 22.06.2023.

 

▪️ Amplía información e accede á resolución:👇🏻👇🏻👇🏻

20230628-resolucion-adxudicacion-substitucions

CHAMAMENTOS INTERINOS GALICIA 28/06/2023

No día de hoxe, a Dirección Xeral de Xustiza autorizou  chamamentos de persoal interino, para prestar servizos nos seguintes Órganos:

A Coruña:
Xdo. 1ª Insta. e Instr. 4 Betanzos……….Tramitación …………Reforzo
TSX. Sala Cont. Admitvo A Coruña…….Tramtación…………..IT
Xdo. 1ª Inst. Nº 2 Santiago………………..Tramitación………….IT
Xdo. 1ª Inst.e Instr.1 Betanzos……………Tramitación………….Reforzo
Xdo de paz Pontedeume…………………….Auxilio…………………IT
Ourense:
Xdo. 1ª Inst. Nº 2 Ourense……………….TRamitación…………Reforzo
Pontevedra:
Xdo. Instrucción 6 Vigo…………………Xestión……………………IT
Xdo. 1ª Inst. e Instr. 2 Cambados……Tramitación……………..reforzo
Xdo. 1ª Inst. e Instr. 2 Cambados……Auxilio…………………….vacante
Xdo 1ª Inst. e Instr.2Tui………………..Auxilio…………………….desocupado por outros.

PUBLICADA A RESOLUCIÓN POLA QUE SE PUBLICA A ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DE POSTOS DE TRABALLO MEDIANTE COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS O 2/06/2023

PUBLICADA A RESOLUCIÓN POLA QUE SE PUBLICA A ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DE POSTOS DE TRABALLO MEDIANTE COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS O 2/06/2023

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 2 de junio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.

Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

Acceder a resolución pinchando no seguinte enlace: ⤵⤵

ADJUDICACIÓN DEFINITIVA COMISIÓN DE SERVIZOS OFERTADA 2-06-23