Archivo diario: 12/06/2023

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES ➖ 12/6/2023‼️

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision

 

👉https://ficheiros-web.xunta.gal/xustiza/persoal/concurso-traslados/2023/20230612-resolucion-novas-substitucions.pdf

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

🔴 Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

Sigue leyendo

PUBLICADA NO DOG A CONVOCATORIA DE ACCIÓN SOCIAL 2023!!

PUBLICADO NO DOG DE HOXE 12/6:

 

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONVOCATORIA DE ACCIÓN SOCIAL 2023

🔴 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 15 DIAS HÁBILES – ATA O 3 DE XULLO.

⭕ Poden solicitar acción social:

Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.

O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos polo presente programa de atención de persoas discapacitadas do Fondo de Acción Social.

⭕ Tamén poden solicitar a axuda:

a) Aquelas persoas que prestaran servizos como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 20.7.2022) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.

b) O persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (20.7.2022) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestasen servizos nesta comunidade autónoma e se xubilasen durante o dito período.

🔴TERAN A CONDICION DE BENEFICIARIOS

a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores.

b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %.

No caso de que a persoa beneficiaria teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha

⭕ Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

⭕ Solicitude e formas de presentación:

As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es.

Accede ao arquivo PDF: ⤵⤵

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230612/AnuncioV0654-020623-0001_gl.html

Orden JUS/591/2023, de 22 de mayo, por la que se convoca concurso específico para la provisión de puestos de trabajo para el Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia.

Orden JUS/591/2023, de 22 de mayo, por la que se convoca concurso específico para la provisión de puestos de trabajo para el Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia.

Sigue leyendo