Archivo diario: 22/06/2023

GESTIÓN PROCESAL (TURNO LIBRE) ORDEN JUS/1254/2022: ACUERDO DEL TRIBUNAL CALIFICADOR Y PLANTILLAS DEFINITIVAS DE RESPUESTAS

Acuerdo del Tribunal Calificador Único por el que se publican las plantillas definitivas de respuestas.

 

▪️ Amplía información:
https://www.mjusticia.gob.es/es/empleo-publico/acceso-libre/gestion-procesal-administrativa-acceso-libre-orden-jus-1254-2022

También podéis acceder a los pdf en los siguientes enlaces:

 

CHAMAMENTOS DE INTERINOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 22/6/2023

No día de hoxe foron autorizados os seguintes chamamentos de interinos na provincia de Pontevedra 

TRAMITACIÓN P.A.

  • Fiscalía Pontevedra -Substitución vertical
  •  Xulgado Primeira Instancia nº7 Vigo-Incapacidade Temporal
  • Xulgado Primeira Instancia nº14 Vigo-Reforzo
  •  Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº1 Caldas de Reis-Incapacidade Temporal

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES 22/06/2023

SUBSTITUCIÓNS

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería.

Accede á resolución neste enlace:

Resolución novas substitucións de 22/06/2023

🔴PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

🔴 SOLICITUDES:  
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

🔴As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️Accede á normativa 2022 que regula as substitucións:

https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

▪️Consulta na imaxe as SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS:

CURSOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA O CELGA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

1º-. Se Convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2023/24, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos impartiranse entre setembro de 2023 e maio de 2024, en horario de mañá ou de tarde.

2º.-  Solicitudes e prazos de inscrición:
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo http://www.eoidigital.com/preinslinguagalega. Assolicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá dende o día 3 ata o 14 de xullo de 2023, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-decembro); e dende o 13 ata o 24 de novembro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Para ampliar información consulta a Resolución no DOG, pica aquí.