Archivo diario: 08/06/2023

CARREIRA PROFESIONAL: Ata os que a denunciaron se queren atribuír méritos.

Spj uso leva mais de 5 meses traballando e negociando con facenda o desenvolvemento do Sistema Ordinario para o acceso da carreira profesional para os compañeiros que aínda non teñen grao 1 e aqueles que o teñen e estarían en disposición de acceder ao grao II.

SPJ-USO leva traballando na carreira de Galicia desde 2019, conseguindo que sexamos os únicos en todo o estado que temos esta retribución, resulta que agora o sindicato CIG que denunciou todos e cada un dos acordos que puxeron en marcha a carreira en Galicia e poñendo en serio perigo esta retribución non só para xustiza, senón para todos os funcionarios de Galicia….

Comunícanos que presenta escrito en Dxx para que se abra a negociación ……

Non será que estamos en CAMPAÑA (eleccións sindicais), e queren enganar aos traballadores?

Doutra banda alegrámonos que agora teñan esa présa en “campaña electoral” e recoñezan todos os erros cometidos poñendo en perigo o maior logro para os traballadores de xustiza de Galicia.

Sen traballo non hai resultados…