Archivo diario: 20/07/2022

ÚLTIMOS CHAMAMENTOS DE PERSOAL INTERINO – 20/07/2022

A Dirección Xeral de Xustiza, autorizou  os seguientes chamamentos de persoal interino para prestar servizos nos seguintes órganos:

A CORUÑA

  1. XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 7  A CORUÑA    –  XESTIÓN PROCESUAL

  2. XULGADO MIXTO Nº 1 DE ORTIGUEIRA    –  XESTIÓN  PROCESUAL –

  3. XULGADO MIXTO  Nº 1 DE RIBEIRA- TRAMITACION

  4. TSJ, SALA DO CONTENCIOSO- AUXILIO

  5. XULGADO  SOCIAL Nº 6  A CORUÑA –  AUXILIO-

  6. XULGADO  MERCANTIL Nº 3  A CORUÑA –  AUXILIO –

LUGO

  1. XULGADO DE CHANTADA       –  AUXILIO XUDICIAL 

PONTEVEDRA

1. Fiscalía de Pontevedra   – TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA

2. Xulgado de Primera Instancia 7 de Vigo – TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA

3. Xulgado Penal 2 de Vigo – TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA

4. Xulgado de Paz de Bueu – AUXILIO XUDICIAL

5. Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1  de Cambados – AUXILIO XUDICIAL.

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS HOXE 📆 20/7/2022

COMISIÓN DE SERVIZO

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.

👉 Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a resolución pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

🔴 👉 SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5 DIAS HÁBILES.

🔴 Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

🔴 Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

👉 Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución de 21/3/2022

Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza (https://spjusogalicia.com/comisions-de-servizo-aclaracions-e-solucion-de-incidencias-para-a-presentacion-das-solicitudes-documentacion-necesaria-e-modelos-para-solicitudes-e-emision-de-informes/)

▪️ Accede ás prazas ofertadas: ⤵️⤵️

Accede a resolución aquí 👇👇

Resolucion comisions servizo_def

PUBLICADA A RESOLUCIÓN DA DXX ADXUDICANDO AS SUBSTITUCIÓNS

SUBSTITUCIÓNS

No día de hoxe saiu publicada a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas en data 14/07/2022

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución.

Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

O posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo, salvo causa xustificada, pola persoa adxudicataria da substitución, mesmo con interrupción, de ser o caso, do desfrute de vacacións, lidenzas ou permisos, que en todo caso terán que ser informados polo órgano de destino e autorizados pola correspondente  xefatura territorial de acordo coas necesidades do servizo.

Os correspondentes  acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados a súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

Accede á resolución⤵️⤵️

Resolución adxudicación substitucions